Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo acolle en setembro o principal cumio mundial sobre criptografía cuántica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo acolle en setembro o principal cumio mundial sobre criptografía cuántica

S. P.
Publicado: 30/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

qcrypt.jpgA UVigo xa ultimou os detalles para inaugurar en setembro o que sería o principal cumio mundial de criptografía cuántica, a 14 edición da International Conference on Quantum Cryptography, a conferencia QCrypt, un evento que, por primeira vez na súa historia celébrase en España, da man da institución educativa viguesa e o Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA.
A cita será do 2 ao 6 de setembro na seda Afundación coa participación de arredor de 250 participantes, a inmensa maioría internacionais, procedentes de países como China, Xapón, Canadá, Inglaterra, Austria, Italia, Corea do Sur, Francia, Suíza, Australia, Singapur, Estados Unidos, Rusia, Israel, Alemaña… que traballan nas múltiples vertentes que inclúe o desenvolvemento deste tipo de tecnoloxías que garanten en boa medida o medre constante da seguridade e confidencialidade das comunicacións.
“Qcrypt é o congreso internacional máis relevante no campo das comunicacións cuánticas e, nesta edición, ao igual ca nas anteriores, contamos coa participación dos principais expertos internacionais nesta área”, explica o responsable do comité organizador, Marcos Curty, catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e director científico do Vigo Quantum Communication Center, adscrito ao centro de investigación AtlanTTic, no que colaboran empresas e universidades dunha ducia de países e co que se contribuíu de xeito definitivo a situar a Galicia no mapa mundial das comunicación cuánticas.
A conferencia anual sobre criptografía cuántica, QCrypt, é un encontro internacional aberto ao alumnado e á comunidade investigadora que traballa en todos os aspectos da criptografía cuántica, o que inclúe investigacións teóricas e experimentais sobre as posibilidades e limitacións da comunicación e a computación seguras con dispositivos que explotan os efectos da mecánica cuántica, ou na presenza de dispositivos que empregan estas tecnoloxías.
A UVigo dará a coñecer 15 traballos de investigación realizados neste último ano, explica Curty, ao que engade que “debido ao alto interese amosado por moitas das persoas participantes, está previsto realizar para eles unha visita guiada aos laboratorios experimentais do centro vigués de comunicacións cuánticas, na que lles amosaremos as fabulosas instalacións coas que contamos na Universidade de Vigo neste eido”.
Serán tres xornadas -de 09.00 h a 18.00 h- de intensas actividades. Comezarase o luns 2 cunha pequena benvida e, a partires de aí, arrancarase cos 13 relatorios de relatores convidados e 22 contributed talks, “relatorios seleccionados para a súa presentación oral entre todos os recibidos, que superaron os 150”, explica Curty, ao que engade que tamén se exporán en torno a 170 pósters.
Para o martes día 3, ás 19.00 horas, está prevista unha charla divulgativa aberta ao público en xeral sobre comunicacións cuánticas impartida polo prestixioso físico Antonio Acín, especialista en información cuántica do Instituto de Ciencias Fotónica, ICFO, e cuxos traballos sobre como se pode codificar, procesar e transmitir información en partículas abriu novas portas á transmisión de datos máis segura.
O xoves 5 haberá unha sesión “industrial” liderada por un representante de Telefónica, na que tamén participarán representantes das principais empresas internacionais do sector, así como, posibelmente da Comisión Europea, “que neste momento lidera unha iniciativa sumamente ambiciosa que busca despregar unha rede de comunicacións cuánticas no noso continente durante esta década”, apunta o coordinador do congreso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?