Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace en Vilagarcía a asociación Dronámbulos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace en Vilagarcía a asociación Dronámbulos

S. P.
Publicado: 30/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

presentacion_dronambulos_vilagarcia.jpgO Concello de Vilagarcía acolleu os días pasados a presentación pública de Dronámbulos, unha asociación centrada no uso e manexo de drons, tanto con fins lúdicos como profesionais. Este novo colectivo xurde como iniciativa do grupo de persoas que participou no curso de pilotaxe de vehículos aéreos non tripulados organizado hai uns meses pola Concellería de Emprego do Concello no marco da súa estratexia de proporcionar formación en novos eidos de actividade e tecnoloxías para favorecer a saída laboral nestes novos nichos de traballo.
Ademais da directiva da asociación, asistiron ao acto o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Emprego, Álvaro Carou.
Recentemente constituída e coa xunta directiva formada, Dronámbulos márcase como primeiro obxectivo captar novos socios entre todas aquelas persoas que desexen afondar no coñecemento e no uso destes aparellos tecnolóxicos, así como nas posibilidades que ofrecen tanto para empresas, como para institucións, e tamén a título persoal, dende o punto de vista profesional ou simplemente de divertimento.
Segundo explicaron, unha das súas principais funcións será a de informar aos interesados sobre a normativa existente respecto ao uso de drons, os requisitos que se deben cumprir para poder manexalos e a formación coa que se debe contar para facelo, “porque un dron non pode pilotalo calquera, nin en calquera lugar, e córrese o risco de que te multen”, explicou Silvia González, membro da xunta directiva.
Dronámbulos está ultimando a súa páxina web, dende a que se ofrecerá todo tipo de información sobre a asociación e os servizos que prestará: información e asesoramento, formación, prácticas, actividades lúcidas e tecnolóxicas para nenos e adultos, obradoiros de tecnoloxía, toma de imaxes aéreas ou realización de audiovisuais.
A asociación vén de poñen en marcha unha campaña de captación de socios cun 30% de desconto ás 25 primeiras persoas que se anoten, que pagarán só 12 euros dos 36 euros da cota anual.
Como remate á presentación de Dronámbulos, o alcalde apuntou que dada a excelente acollida do primeiro curso organizado dende o Concello, xa está prevista a realización dunha segunda edición para continuar formando a xente no uso de drons “dadas as grandes posibilidades laborais que ofrece esta nova tecnoloxía en ámbitos tan dispares como a seguridade, as emerxencias, a publicidade, o cine…”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?