A Xunta anunciou que destina 3 millóns de euros a investimentos en equipamento empresarial que promovan a innovación e a mellora competitiva das empresas galegas. O obxectivo, a maiores, é “potenciar o mantemento e a creación de emprego, a innovación e o impulso de novos proxectos empresarias a través de apoios que facilitan a adquisición de equipamento para as empresas”.
Neste marco, entre as principais novidades destaca o feito de que poden optar a esta liña empresas de todas as actividades económicas, agás as excluídas pola regulamentación comunitaria. Así mesmo, e para reforzar os investimentos inmediatos sen prexudicar a liquidez e a solvencia das empresas, contémplase un anticipo do 100% da axuda, estando tamén prevista a exención de garantías.
Os apoios, en concorrencia non competitiva, ascenden ao 40% dos custos ata un máximo de 300.000 euros. O obxectivo é facilitar a modernización tecnolóxica e a capacidade competitiva das empresas galegas reducindo parcialmente os seus custos de investimento recentes neste mesmo exercicio 2024.
Neste sentido, admitiranse gastos e investimentos executados dende o 1 de xaneiro de 2024 e ata o vindeiro 10 de decembro, e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de outubro.
Os conceptos de investimento subvencionable inclúen tanto a compra de maquinaria ou bens de equipamento como os programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware). Deste xeito, a Xunta pretende dar resposta coordinada ás necesidades financeiras das empresas, facilitando a mellora da súa competitividade.
A Xunta destina 3 millóns a investimentos en equipamento empresarial
Compartir Este Artigo

