Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A eAdministración e a ciberseguridade centran boa parte da actividade formativa da EGAP
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A eAdministración e a ciberseguridade centran boa parte da actividade formativa da EGAP

S. P.
Publicado: 30/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

egap_balance.jpgA Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convocou, entre os meses de xaneiro e xullo, un total de 766 actividades formativas e 41.778 prazas, dirixidas na súa maior parte ao persoal empregado público galego. Así se fixo saber este 30 de xullo no Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, presidido polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e coa asistencia da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos. Segundo explicaron, a escola programou ata o de agora 663 actividades de formación continua cun total de 36.614 prazas, tres cursos superiores, un curso monográfico, catro webinarios e catro xornadas de formación práctica dixital.
Estas accións serviron para formar ao persoal empregado público en materias como ciberseguridade, deporte, dereitos humanos e ODS, axenda urbana, emprego público, custos simplificados nos fondos europeos no marco 2021-2027, entre outras.
Ademais, grazas á sinatura de 59 convenios de colaboración con outras entidades, a EGAP puido convocar un total de 225 actividades ao longo do ano cun total de 20.365 prazas, sinalaron, explicando que a formación impartida pola Escola Galega de Administración Pública durante 2024 destaca pola “ampla variedade de contornas de aprendizaxe, cun claro predominio da formación a distancia para facilitar a conciliación e o acceso aos cursos”. Así, máis de oito de cada dez prazas foron programadas en modalidades en liña, entre as que se atopan a teleformación, a autoformación e a telepresenza.
Por outra banda, tamén se informou sobre o incremento das actividades en materia de economía pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia (IEP), ao abeiro do cal se convocaron 35 cursos e 1.996 prazas ata o 30 de xuño, “unha cifra superior á dos anos anteriores”, sinalaron.
Actividades vindeiras
A Escola Galega de Administración Pública ten previsto convocar nos próximos meses cinco novas actividades en materia de economía pública para o persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
A programación do segundo semestre tamén incluirá, entre outras actividades, catro cursos superiores sobre protección de datos persoais, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Administración Electrónica, capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais e o liderado no sector público, e catro xornadas de formación dixital.
Ademais celebraranse dous cursos monográficos sobre responsabilidade patrimonial sanitaria e a Lei 40/2015 e o exercicio da competencia administrativa, e catro xornadas sobre operacións de fin de exercicio nas entidades locais, o procedemento do artigo 150 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público, prevención da violencia de xénero e autocoidados.
Tamén están previstos catro webinarios sobre responsabilidades patrimoniais de autoridades e empregados públicos, o funcionario interino, a contratación pública e dereito da competencia, a Lei de Reforma e Sostibilidade da Administración local e a intelixencia artificial e empregados públicos.
Por último, no segundo semestre do 2024, convocaranse catro xornadas de formación práctica dixital sobre notificacións electrónicas, o uso de certificados electrónicos na Xunta de Galicia, sistemas para a contratación pública e o rexistro electrónico, ademais doutras actividades dirixidas ao persoal das entidades locais galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?