Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carballo Interplay celebrará doce anos de creación audiovisual galega a partir do 24 de abril
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carballo Interplay celebrará doce anos de creación audiovisual galega a partir do 24 de abril

S. P.
Publicado: 31/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cip_carballo_interplay.jpgA organización do festival de contidos dixitais Carballo Interplay vén de anunciar as datas para a edición de 2025, na que festexará 12 anos apoiando a creación audiovisual galega e atraendo a Galicia aos mellores talentos da Rede. Celebrarase do 24 ao 27 de abril en Carballo. O CIP vén da man do Concello e de Interplay Producións.
Cunha “coidada programación que recolle as últimas tendencias nas redes sociais, podcast ou webseries”, o Carballo Interplay presentará novamente varios premios e concursos: Mellor Contido Dixital en Galego, Mellor Produción de Contido Audiovisual en Galego e a Competición Oficial de Series en Formato Curto. As convocatorias para os diferentes premios que outorga o festival xa están abertas.
A Competición Oficial de Series en Formato Curto (a máis clásica do festival, pensada para producións nacionais ou internacionais realizadas entre 2024 e 2025) presenta un requisito básico a cumprir: que teña, polo menos, tres capítulos producidos que non superen os 30 minutos cada un. Poden ser inéditos ou atoparse xa publicados nalgunha plataforma de streaming. Os premios outorgados nesta categoría serán á Mellor Serie (dotado de 800 euros e trofeo), Premio do Xurado Novo (dotado de 400 euros e trofeo), Premio do Público (400 euros e trofeo) e un Premio a Mellor Dirección de 200 euros e trofeo. Os interesados e interesadas poden inscribirse na páxina web do festival, con data límite o 23 de febreiro.
Para os proxectos en fase de desenvolvemento o Carballo Interplay destina o Premio á Mellor Produción de Contido Audiovisual en Galego, que ten como obxectivo apoiar a creación audiovisual mediante un premio de 3.000 euros que se dedicará ao desenvolvemento do proxecto gañador. Na pasada edición esta dotación económica permitiu ao equipo de Delirio Sketchs facer realidade a serie, que xa rematou a rodaxe e estrearase en primicia no Carballo Interplay. O equipo da organización do CIP salienta que “esta modalidade non está suxeita só á creación de series, está aberta a proxectos de técnica e temática variada que teñan como canle de difusión redes sociais como Tik Tok, Youtube ou Instagram”.
Ademais, para apoiar aos creadores e creadoras da Rede o festival presentou o ano pasado o Premio a Mellor Contido Dixital en Galego, dirixido a proxectos que se difundan en Instagram, TikTok ou Youtube, de creación propia e en lingua galega. Dentro desta convocatoria haberá dous recoñecementos, o primeiro destinado á Mellor Canle, que conta cunha contía económica de 600 euros; e o segundo para o Mellor Creador ou Creadora, dotado con 600 euros. O formulario de inscrición pode atoparse na páxina web do festival, con data límite o 23 de febreiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?