Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alba Chao gaña o IV Premio Somos Esenciais cunha reportaxe sobre a pornografía na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alba Chao gaña o IV Premio Somos Esenciais cunha reportaxe sobre a pornografía na Rede

S. P.
Publicado: 31/07/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premio_xornalismo_somos_esenciais.jpgAlba Chao é a gañadora do IV Premio de Xornalismo Somos Esenciais, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis, pola reportaxe Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, publicada no xornal Faro de Vigo. O xurado decidiu conceder tamén unha mención de honra a Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, un traballo de Carolina Sertal para a revista Luzes.
 O xurado do cuarto Premio de Xornalismo Somos Esenciais, composto por Vanessa Casteleiro Martínez, Lara Dopazo Ruibal, María Eimil Méndez, Francisco X. González Sarria, Darío Janeiro Pereira, Gemma Malvido Otero, Belén Regueira Leal, Ana Isabel Rodriguez Vazquez e Cristina de la Vega Jiménez, decidiu por unanimidade o pasado martes 16 de xullo escoller como merecedor do galardón o traballo Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia, da autoría de Alba Chao Vázquez, publicado o 3 de marzo de 2023 no Faro de Vigo.
O premio, dotado con 1.500 euros, foi convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis. Os membros do xurado destacaron que o traballo premiado trata “un tema de máxima actualidade elaborado de forma rigorosa, cun amplo soporte documental e enriquecido con opinións de expertas”.
Ademais, acordouse conceder unha mención especial como finalista a Carolina Sertal Souto pola reportaxe Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade, aparecida en febreiro de 2023 na revista Luzes, na que o xurado valorou “o contido de alto valor social ademais da aposta polo uso do galego” dun traballo que presenta “unha realidade complexa e dramática, durante anos silenciada, desde unha perspectiva diferente”.
Os membros do xurado quixeron sinalar explicitamente a calidade dos 21 traballos presentados nesta edición do premio, que “confirman a necesidade de manter nos medios un espazo para a información social” e consolidan un premio que chega, con esta, á súa cuarta edición. A organización realizará un acto de entrega do premio nunha data aínda por concretar, despois do verán, da que se dará información a través das canles habituais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?