Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cultura e Lingua e a USC dan continuidade e impulso a Neofalantes.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Cultura e Lingua e a USC dan continuidade e impulso a Neofalantes.gal

S. P.
Publicado: 31/07/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

240731_neofalantismo__x-2.jpgA Consellería de Cultura e Lingua e a Universidade de Santiago volven xuntar forzas para dar continuidade á páxina web Neofalantes en Rede e crear novos recursos e contidos no eido audiovisual e redes sociais.
Así o fixeron saber o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o reitor Antonio López na sinatura da renovación do acordo entre ambas entidades, dotado con 80.000 euros, e que ten como obxecto tirar o máximo proveito das potencialidades do neofalantismo en materia de lingua e tamén en emprego xuvenil. No acto tamén participaron o secretario xeral de Lingua, Valentín García, e o profesor do grupo Novos Medios Xurxo Salgado.
“Trátase dun proceso relativamente emerxente con innegables posibilidades de futuro na dinamización da nosa lingua”, sinalou o conselleiro, poñendo o foco na mocidade neofalante e tamén nas persoas que veñen doutros territorios de fóra de Galicia e que se incorporan á nosa realidade cultural e sociolingüística.
Por certo que Neofalantes.gal é unha iniciativa do grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC coa colaboración da Secretaría Xeral da Lingua.
Incrementar o uso do galego nos espazos onde se move a mocidade
López Campos explicou que esta colaboración coa Universidade de Santiago abrangue os obxectivos do Plan de dinamización da lingua galega na mocidade que ten en marcha o Goberno galego “e co que se pretende mostrar á xente nova a utilidade de coñecer o galego e potenciar así o seu uso neste colectivo”. Deste xeito, puxo en valor que supón medidas dirixidas “a incrementar a súa presenza nos espazos nos que se move a mocidade”, así como a oferta de actividades e produtos en galego “en áreas como a tecnoloxía, o lecer, a cultura, o ensino ou o emprego”.
Novas accións coa renovación: redes sociais e incorporación do colectivo emigrante
240731_neofalantismo__x-5.jpg O titular de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta lembrou que a colaboración neste eido coa Universidade de Santiago de Compostela comezou en 2021 a través do Grupo de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación co recurso web Neofalantes.gal, portal de noticias que serve de nexo de unión da comunidade neofalante en galego e que recibirá un novo impulso co acordo presentado este 31 de xullo, incorporando novos usuarios das redes sociais co obxecto de seguir impulsando o uso da lingua galega entre a mocidade.
Nesta liña de reforzar as súas accións, concretou que se crearán novos contidos, vídeos e entrevistas coa finalidade de “abrir vías de colaboración e captación de novos usuarios para a rede social”. Tamén está previsto engadir unha canle empresarial e de emprego asociada a este portal web coa idea de atraer ao colectivo de persoas emigrantes, empresas interesadas e tamén ao tecido socioeconómico do mundo lusófono.
Finalmente, salientou que se potenciarán as investigacións académicas, premios multimedia, unidades didácticas e encontros sobre o fenómeno do neofalantismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?