Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG solicita formar parte do Consello Asesor de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG solicita formar parte do Consello Asesor de IA

S. P.
Publicado: 02/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

marcos_mata_cpetig-3-35651.jpgO Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) vén de participar no proceso de consultas do texto do Anteproxecto de Lei para o Desenvolvemento e Impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, solicitando formalmente a súa modificación para incluír un vogal do Colexio no Consello Galego de Intelixencia Artificial, asegurando así, en palabras do colexio que preside Marcos Mata, “unha representación xusta e equitativa de todos os profesionais do sector en Galicia”. Tamén lembra que o CPETIG non se atopa representado nos vogais do Consello Asesor de Intelixencia Artificial, creado ao abeiro do Anteproxecto de Lei de IA publicado pola Xunta.
Dende o Colexio sosteñen que “a Enxeñería Técnica Informática é unha das profesións ligadas á IA, e que a Estratexia Nacional de IA xa contempla as enxeñerías técnicas polo que o feito de excluírnos impediría que désemos a nosa visión nos asuntos que se tratasen”, indica o presidente Marcos Mata.
O CPETIG considera de “vital importancia” o avance das cuestión lexislativas referentes á Intelixencia Artificial, polo que sostén “que aínda estamos a tempo de emendar esta situación porque é imprescindible dispor dun marco normativo que permita a aplicación destas tecnoloxías de xeito ético, seguro e consciente que conte cos asesores axeitados para poder desenvolverse”.
Alegación
A alegación foi presentada onte este día 30 de xullo e nela o CPETIG amosa a súa desconformidade con algún dos aspectos deste Anteproxecto. Lembra que concretamente, no artigo 30 do actual texto, defínense os termos baixo os que se crea o Consello Galego de Intelixencia Artificial. No apartado 3 do citado artigo establécese a súa composición e créanse unha serie de vogalías, “entre as que non se atopa o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia”, sinalan, lembrando que entre as razóns e fundamentos que expoñen para a súa presenza neste órgano está “a representatividade profesional”, porque o CPETIG creouse mediante Lei 8/2006 e ostenta a representación da Enxeñaría Técnica en Informática. Recordan tamén que na actualidade o Colexio inclúe entre os seus membros ós titulados nos graos vinculados coa profesión coma o Grao de Enxeñaría Informática polo que “a exclusión dese colexio profesional na composición do Consello non sómente impide a representación destes profesionais que claramente son os máis cércanos ás tecnoloxías de IA, senón que tamén pode resultar nunha visión incompleta e menos diversa dos asuntos relacionados coa Intelixencia Artificial en Galicia”.
Asemade, na alegación tamén se indica que “reúnen as Competencias Complementarias porque os profesionais na rama da Enxeñaría Técnica en Informática posúen competencias e perspectivas complementarias ás dos e das enxeñeiros/as en informática polo que a inclusión dun vogal do CPETIG aseguraría unha representación máis equitativa e unha toma de decisións máis inclusiva, beneficiando así ao desenvolvemento da Intelixencia Artificial en Galicia”.
Remata a alegación sostendo que hai un precedente de Inclusión xa que na Estratexia Nacional de Intelixencia Artificial (ENIA) a nivel estatal, faise constar entre outros, como motivo para a creación, “Para dar unha resposta axeitada aos múltiples impactos que se agardan destes cambios tecnolóxicos acelerados, requírese unha aproximación interdisciplinar centrada nas persoas e no medio ambiente, que incorpore as distintas perspectivas da Enxeñaría en Informática, as enxeñarías técnicas”, polo que “estaría xustificada a presenza do CPETIG”, conclúen.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?