Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela reivindica as súas empresas innovadoras e creativas coa campaña Feito en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela reivindica as súas empresas innovadoras e creativas coa campaña Feito en Santiago

S. P.
Publicado: 07/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feito_en_santiago_1722944268mariarozas.jpgA concelleira compostelá María Rozas presentou esta semana a campaña municipal innovadora Feito en Santiago, unha acción que ten como obxectivo “poñer en valor as iniciativas empresariais locais que contribúen ao desenvolvemento económico do noso municipio”. A iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese de apoio á cultura emprendedora, e vaise desenvolver ata o mes de novembro, tanto en formato físico coma nas novas canles dixitais.
María Rozas explicou que un dos obxectivos é crear “unha imaxe de marca que anime ao emprendemento e asentamento de novos proxectos en Santiago, e que dea a coñecer entre a veciñanza os valores engadidos destas iniciativas empresariais”.
A campaña xira ao redor do lema Feito en Santiago, coas variantes Faino en Santiago, Faise en Santiago e Fanse en Santiago. A imaxe de marca, de corte moderno e limpo, destaca o nome de “Santiago” subliñándoo de diferentes cores, cada unha delas relacionada cunha área de impacto: o amarelo, para os proxectos que empurran a economía local; o vermello, para os que dignifican a vida cidadá; o azul, para os que contribúen á cohesión social; o morado, para a promoción da educación, patrimonio e arte; o laranxa, para aquelas iniciativas sobre mobilidade e territorio, e o verde, centrado nos emprendementos que apostan pola sustentabilidade e transición verde.
A campaña de comunicación realizarase entre os meses de agosto e novembro, e ao seu abeiro visualizaranse ata 30 iniciativas empresariais e institucionais vencelladas ao ámbito do desenvolvemento económico que operen en Santiago de Compostela. Procúrase así a promoción dos sectores estratéxicos para a economía local, coma a biotecnoloxía e as ciencias da saúde; a transformación da madeira; a economía social vinculada ao terceiro sector; as industrias relacionadas co turismo; as industrias culturais e creativas; a economía circular; a economía de proximidade, e a silver economy.
Os proxectos participantes nesta campaña considéranse exemplos de boas prácticas en distintas iniciativas xa executadas pola Oficina de Promoción Económica, coma as empresas galardonadas nas dúas edicións dos Premios á Excelencia Empresarial da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, ou compañías identificadas polo seu bo facer na execución de programas de formación para o emprendemento, competencias dixitais, conciliación, economía social e fomento da innovación, como as actividades da EDUSI, que foron executadas no ano 2023.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?