Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigadora do CITIC da UDC, Premio Fin de Carreira da Xunta pola súa excelencia académica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigadora do CITIC da UDC, Premio Fin de Carreira da Xunta pola súa excelencia académica

S. P.
Publicado: 07/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240807_ana_investigadora-citic-1024x768.jpgAna Xiang Ning Pereira Ezquerro, investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña (CITIC), foi unha dos 106 universitarios galegos aos que a Xunta lle outorgou os Premios Fin de Carreira este 2024. Aos seus 23 anos, Pereira Ezquerro foi recoñecida polo seu sobresaínte expediente académico, que inclúe quince matrículas de honra, e destácase como unha das mellores graduadas da primeira promoción do Grao de Enxeñería de Datos da Universidade da Coruña.
Actualmente, Ana Xiang Ning está a cursar un Máster en Intelixencia artificial e compaxina os seus estudos co seu traballo como investigadora, que se centra en desenvolver algoritmos avanzados para interpretar e procesar texto escrito por persoas, unha tarefa que vai máis aló dos modelos matemáticos tradicionais e require técnicas adaptadas ao razoamento humano.
A investigadora describe así a importancia do seu eido de traballo: “Cada vez hai máis datos que tratar, e a automatización do procesamento é crucial para extraer información valiosa que poida guiar a toma de decisións empresariais ou detectar potenciais perigos. A miña carreira baséase en procesar grandes volumes de datos e xerar modelos preditivos que, por exemplo, poidan estimar as vendas futuras dunha empresa”.
O Premio Fin de Carreira da Xunta, que recoñece aos mellores expedientes académicos do ano, outorga a cada galardoado unha achega económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo. Este ano, un total de 106 universitarios foron premiados pola súa excelencia académica, un 62% dos cales foron mulleres. Destes premios, 19 foron para estudantes da Universidade da Coruña, destacando en distintas titulacións como Enxeñería Informática e o Grao de Dereito.
Ana Xiang Ning menciona que a súa dedicación ao estudo foi intensa: “No último ano do grao, a combinación de clases, prácticas e o traballo no TFG levábame a dedicar case todo o día aos meus estudos. É un sacrificio, pero a miña paixón pola enxeñería de datos impulsoume a seguir adiante”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?