Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza a dixitalización do Rexistro Civil en Galicia coa nova aplicación DICIREG en seis novos partidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza a dixitalización do Rexistro Civil en Galicia coa nova aplicación DICIREG en seis novos partidos

S. P.
Publicado: 08/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

registro-civil-coruna.jpgA Delegación do Goberno informou dun importante paso adiante do proceso de dixitalización do Rexistro Civil en Galicia tralas resolucións publicadas no BOE que fixan a implantación da aplicación DICIREG en cinco novos partidos xudiciais galegos este outono. Desta maneira, a partir de setembro, e de maneira progresiva, a cidadanía dos partidos xudiciais de Monforte de Lemos e Mondoñedo, na provincia de Lugo, e de Tui, O Porriño e Redondela, na provincia de Pontevedra, poderán beneficiarse do novo modelo de Rexistro Civil, “máis áxil e eficiente tanto para os cidadáns como para as autoridades”, informou a Delegación.
Con estas incorporacións, o Ministerio de Presidencia camiña cara ao obxectivo de conseguir que o 100% dos Rexistros de Galicia dispoñan desta ferramenta antes de mediados de 2025. Este ano completarase a dixitalización de 31 dos 45 partidos xudiciais, nos que residen 2,3 millóns de galegos a galegas. Os 14 últimos implantarían este modelo no primeiro semestre de 2025.
Entre as vantaxes desta aplicación informática, inclúese a tramitación electrónica de expedientes, a inscrición de feitos relativos ao estado civil das persoas, a organización da información rexistral en formato dixital e o acceso telemático á mesma. Así, permite a xestión electrónica de eventos como nacementos, matrimonios e defuncións, facilitando á cidadanía o acceso a certificados e trámites de maneira remota e segura. Do mesmo xeito, este novo Rexistro Civil permite a interoperabilidade entre administracións públicas, simplificando así os procedementos, axilizando os trámites e contribuíndo á eliminación de desprazamentos e a diminución de tempos de espera para os usuarios.
A implantación de DICIREG en Galicia enmárcase no proceso de modernización da xustiza que está a levar a cabo o Ministerio de Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, en colaboración coas comunidades autónomas. O Goberno de España inviste neste proxecto 15 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Segundo recollen as resolucións da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública publicadas no BOE, o próximo 16 de setembro será efectiva a entrada en servizo de DICIREG nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil do Porriño, e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil da Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño. O 23 de setembro será efectiva a entrada en servizo de DICIREG nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil do Porriño, e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil de Mos e Salceda de Caselas. O 30 de setembro será a quenda das Oficinas Xerais do Rexistro Civil de Monforte de Lemos nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu respectivo partido xudicial: A Pobra do Brollón, Bóveda, Folgoso do Courel, O Saviñao, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
Xa en outubro, o día 7 implantarase a aplicación DICIREG nas Oficinas Xerais do Rexistro Civil de Caldas e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu respectivo partido xudicial: Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga,
Á semana seguinte, o 14 de outubro, comezará a empregar esta aplicación a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Redondela, xunto coas oficinas colaboradoras de Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e Soutomaior.
Posteriormente, o día 28 de outubro será efectiva a entrada en servizo na Oficina Xeral do Rexistro Civil de Mondoñedo e nas oficinas colaboradoras do Rexistro Civil pertencentes ao seu partido xudicial da Pastoriza, A Pontenova, Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro, Ribadeo, Riotorto e Trabada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?