Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pintos & Salgado advirte dunha estafa online que afecta ás empresas: Man in the Middle
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pintos & Salgado advirte dunha estafa online que afecta ás empresas: Man in the Middle

S. P.
Publicado: 09/08/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pintos_salgado_teresa_regueiro-2_1_.jpgO bufete galego de avogacía Pintos & Salgado, especializado en dereito xudicial, vén de achegar un novo informe sobre as principais ameazas que xorden e se consolidan na Rede, que poden comprometer a nosa comunicación persoal e empresarial e mesmo teñen capacidade para o roubo de datos e de cartos. No novo informe o bufete galego pon o foco nun dos tipos de estafa máis en voga da tempada e que ten meirande vixencia dentro do ecosistema dixital actual, a que se coñece como Man in the middle (MitM) ou Ataque de intermediario, que ten como obxectivo (principalmente) falseas facturas e suplantar identidades empresariais.
Segundo explica Teresa Regueiro, avogada especialista en protección de datos en Pintos & Salgado, “trátase dun dos ciberataques máis comúns, moi recorrente nos casos que recibimos no despacho, e onde os hackers logran suplantar identidades de diferentes provedores de servizos e subtraer fondos económicos”. Na práctica, o ciberdelincuente logra interceptar a comunicación entre dúas partes e acceder a información sensible para alterala e saír beneficiado, sinala, dando exemplos concretos desta práctica: “Un exemplo claro de Man in the Middle pode comezar cando unha empresa recibe unha factura dun provedor usual vía correo electrónico cun número de conta para facer a transferencia polos seus servizos. O hacker interceptaría esa comunicación, cambiaría o número bancario e a empresa terminaría enviando o diñeiro á conta do ciberdelincuente”, salienta Regueiro. O tempo que tarda en detectarse a fraude é unha das claves: a vítima da estafa só se decata do erro cando o provedor reclama o pago que non se realizou.
Preto de un millón de euros subtraídos ao Concello de Sevilla
A avogada sinala que Esta práctica afecta por igual a empresas privadas, usuarios e administracións, e xa en 2021 detectouse un dos casos con maior impacto económico, poñendo sobre a mesa a importancia extremar a cautela. No caso de Sevilla, explica Teresa Regueiro, “os ciberdelincuentes suplantaron a identidade da empresa que xestionaba a iluminación do Nadal do Concello, interceptando as comunicacións entre esta e a Concellería de Urbanismo e conseguindo que a institución pública ingresase case un millón de euros a unha conta controlada polos hackers”. A avogada engade que “debemos entender que as consecuencias dun ataque do intermediario son múltiples: por suposto, hai perdas económicas, pero tamén un enorme dano reputacional, porque pérdese a confianza nos protocolos de seguridade da organización que foi hackeada. E logo está toda a información sensible e confidencial á que poden acceder os ciberdelincuentes, vulnerando a normativa de protección de datos”.
Algunhas medidas despois de sufrir un ataque de Man in the Middle
teresa_regueiro-1_1_.jpg Ante calquera sospeita de ser vítima dunha estafa así, Teresa Regueiro expón catro medidas a poñer en marcha: desconectar o dispositivo tecnolóxico de Internet e trocar os contrasinais, denunciar o feito ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e contactar co banco de destino da transferencia para evitar que o diñeiro chegue ao ciberdelincuente. Ademais, se o hacker xa ten o diñeiro en posesión, existe a posibilidade de reclamar ao banco. Se se realiza unha transferencia e nela indícase o nome do beneficiario, aínda que o IBAN fose manipulado, o banco de destino debe comprobar sempre que este IBAN correspóndese co beneficiario da transferencia.
Porén, tamén é fundamental non só a actuación despois da estafa, senón tamén o proceso de prevención. “Ser conscientes de que existen estas prácticas ilegais e da importancia de revisar ben que estamos a facer na nosa navegación por Internet son accións claves para previr un ataque así”, insiste a avogada especialista en protección de datos, engadindo que “se accedemos a sitios web inesperados que solicitan información sensible, ou vemos conexións que se presentan como pouco seguras ou sitios web non confiables, tanto usuarios como organizacións deben extremar a precaución. De igual maneira que evoluciona a tecnoloxía dixital, tamén o deben facer os nosos comportamentos na Internet para garantir a seguridade da nosa identidade e datos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?