Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Goberno impulsa a transformación de máis de 27.000 empresas galegas a través do Kit Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Goberno impulsa a transformación de máis de 27.000 empresas galegas a través do Kit Dixital

S. P.
Publicado: 09/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

kit_dixital-3.jpgA Delegación do Goberno en Galicia fixo balance do acadado no tecido produtivo, en materia de transformación tecnolóxica, a través do programa Kit Dixital, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que xa mobilizou en Galicia máis de 3.391 millóns de euros. A Delegación destacou o avance da iniciativa, que xa conta con 27.282 beneficiarios en Galicia, que recibiron en total 111,7 millóns de euros.
O delegado Pedro Blanco lembrou que as empresas que o desexen están aínda a tempo de solicitar as súas subvencións, pois o prazo foi estendido ata o 31 de decembro. Deste xeito, as empresas de menos de 50 traballadores abriron xa neste momento o proceso de incorporación ás axudas. Por tramos, as firmas de entre 0 e 3 empregados poderán recibir ata 3.000 euros, as que teñen entre 3 e 10 terán ao seu dispor ata 6.000 euros e as que superan o 10 pero non os 50, 12.000 euros.
Ademais, dentro do segmento de entre 0 e 3 traballadores, creouse este mes de maio a solución posto de traballo seguro, cunha contía máxima subvencionable de 1.000 euros para financiar a compra de computadores portátiles ou de sobremesa cunha serie de requirimentos que garantan a seguridade e privacidade dos datos almacenados no mesmo. Tendo en conta outros tramos, o Goberno salienta que no último trimestre deste ano está previsto que se abran os períodos de solicitude para os dous correspondentes ás empresas máis grandes, de entre 50 e 100 empregados e de entre 100 e 250. Respectivamente, poderán optar a subvencións de entre 25.000 e 29.000 euros.
O Kit Dixital é unha iniciativa de Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, que se enmarca na Axenda España Dixital 2026 e no Plan de Dixitalización de Pemes 2021-2025. Está financiada con cargo ao Plan de Recuperación do Goberno, que xa mobilizou en Galicia máis de 3.391 millóns de euros e chegou a 36.876 entidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?