Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lorenzana salienta o papel de DATAlife para a transformación dixital do sector biotecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lorenzana salienta o papel de DATAlife para a transformación dixital do sector biotecnolóxico

S. P.
Publicado: 09/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240806_lorenzanareuniondatalife_2.jpgA conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, cualificou como “indispensable” o labor que realiza o Hub de Innovación Dixital DIH DATAlife á hora de achegar a tecnoloxía dixital a toda a cadea de valor do sector biotecnolóxico de Galicia. Lorenzana mantivo un encontro con representantes desta entidade, que reúne unha vintena de asociados de diferentes sectores, entre empresas, centros tecnolóxicos, universidades e cinco clústers empresariais.
“DATAlife”, segundo destacou a conselleira, “é unha peza clave para identificar retos tecnolóxicos nas área da saúde, a economía circular, e os novos produtos a partir de biorrecursos e dotar estes sectores das ferramentas necesarias para afrontalos”. Recordou tamén que as cadeas de valor nas que traballa son a de agro-mar alimentación, biotecnoloxía, forestal-madeira e a de saúde-coidados. En total, dixo, abrangue un ámbito de 52.350 empresas, co obxectivo de acelerar a súa transformación dixital e optimizar toda a súa infraestrutura de procesamento de datos a través da Intelixencia Artificial e a análise da información a gran escala (Big Data).
Na reunión deuse conta dos proxectos que leva desenvolvido ata o de agora, enfocados sobre todo á prestación de servizos de IA e robótica para a produción ecolóxica e sustentable no sector agroalimentario.
Galicia biorrexión de referencia
DATAlife Hub de Innovación Dixital, con sede en Santiago de Compostela, naceu para converter Galicia en biorrexión de referencia en Europa a través da conexión, coordinación e creación de sinerxías entre os axentes do ecosistema de innovación e os sectores produtivos. DATAlife proponse facilitar a incorporación da Intelixencia Artificial e a analítica de datos nas pemes galegas dos sectores ligados ás Ciencias da Vida.
DATAlife está ao servizo das pemes para “mellorar a súa competitividade, permitíndolles aproveitar as vantaxes das tecnoloxías dixitais para vender máis, mellorar a súa conta de resultados, ser máis eficientes e competir con garantías nunha contorna global”.
Os socios de DATAlife son cinco agrupacións industriais: Agrupación industrial Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), Agrupación industrial da Acuicultura de Galicia (CETGA), Agrupación industrial da Madeira e do Deseño de Galicia (CMD), Agrupación industrial Saúde de Galicia (CSG) e Agrupación industrial TIC Galicia; cinco empresas tractoras: Grupo Zendal, FINSA, Televés, Vodafone e Noso Capital; cinco centros tecnolóxicos: Energylab, Gradiant, ANFACO-CECOPESCA; Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM) e o sistema universitario de Galicia: Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e FEUGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?