Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pablo Fernández e a firma Sedix reivindican as posibilidades de emprego e innovación de Investigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pablo Fernández e a firma Sedix reivindican as posibilidades de emprego e innovación de Investigo

S. P.
Publicado: 12/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240812_sxerl_investigo_sedix_2.jpgO secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, visitou este luns 12 de agosto, en Vilagarcía de Arousa, a sede da empresa tecnolóxica Sedix Ingeniería Técnica en Informática, unha das firmas beneficiarias do programa Investigo (terceira convocatoria) que promove este ano en Galicia a contratación de 152 persoas desempregadas menores de 30 anos en actividades de I+D+i. Delas, cinco traballan neste centro arousán, grazas a unha axuda autonómica superior aos 165.000 euros.
Segundo explicou Fernández, Investigo é un plan da Xunta que busca xerar emprego xuvenil no eido da investigación, a tecnoloxía e a innovación. “Neste 2024”, dixo, “destínanse en concreto 4,8 millóns de euros a apoiar a contratación de menores de 30 anos sen traballo en firmas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, así como en calquera outra pertencente ao sector privado, radicadas en Galicia e que desenvolvan actividades no eido do I+D+i”.
Fernández engadiu que desde que en 2022 se convocou a iniciativa por vez primeira, mobilizáronse máis de 27 millóns de euros ao abeiro deste plan, conseguindo promover un total de 812 contratacións, incluídas as 152 deste ano.
O programa Investigo enmárcase nas medidas da Xunta a prol do emprego xuvenil, entre as que se inclúe o novo programa de 1ª experiencia profesional que cun orzamento próximo aos 4,2 millóns de euros incentiva a contratación de menores de 30 anos por parte de empresas, persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e comunidades de bens “coa previsión de incorporar entre 250 e 410 persoas en toda a Comunidade”, sinalou o director xeral, que concretou que “con contías de ata preto de 20.000 euros por persoa contratada estase a apoiar a empregabilidade da mocidade mediante contratos formativos de doce meses de duración, dotándoa de competencias para poder acceder a un emprego estable e de calidade”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?