Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Muxía fai gala das posibilidades turísticas das súas pantallas interactivas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Muxía fai gala das posibilidades turísticas das súas pantallas interactivas

S. P.
Publicado: 12/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

maria_rivas_seguridade_muxia_garda_civil.jpgA subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este 12 de agosto a vila mariñeira de Muxía para, entre outras cousas, comprobar o funcionamento das novas pantallas de información turística que se instalaron no municipio, financiadas a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que aportan más 15.000 euros. Fíxoo na compañía do alcalde de Muxía, Iago Toba, con quen se desprazou á oficina de turismo onde está colocada unha destas pantallas, ademais de na Casa do Concello.
María Rivas subliñou o salto tecnolóxico que representan estas pantallas para a promoción turística de Muxía: “Falamos de tecnoloxía ao servizo da actividade turística, o que sen dúbida mellora a posición de Muxía como un dos destinos de relevancia dentro da Costa da Morte”.
maria_rivas_paneis_muxia.jpgDelegada e alcalde salientaron que “as pantallas teñen diversas funcionalidades”, entre as que destaca “a creación de plans turísticos á medida das necesidades da persoa que as emprega ou a dotación de información en tempo real sobre servizos de transporte, aloxamento ou restauración”.
A subdelegada destacou a forte aposta do Concello de Muxía polo turismo, “que agora se reforza con esta iniciativa”.
As pantallas contan tamén cunha función de recollida de datos, polo que o Concello pode conseguir, de maneira anónima, a información e necesidades dos usuarios das pantallas para seguir mellorando na súa oferta turística. A instalación desta tecnoloxía está financiada a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como as obras de accesibilidade ás instalacións da propia Casa do Concello.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?