Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Guitiriz destina axudas para a redución da fenda dixital no curso escolar 2024-2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Guitiriz destina axudas para a redución da fenda dixital no curso escolar 2024-2025

S. P.
Publicado: 23/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnoloxias_material_equipamento_dixitais.jpgO Concello de Guitiriz destina un orzamento de 16.000 euros para financiar as diferentes liñas de axudas para a compra de material, transporte e redución da fenda dixital dirixidas a escolares para o curso 2024-2025. Está convocatoria establece como beneficiarias ás familias empadroadas no municipio que teñan menores ao seu cargo matriculados en centros públicos de Educación Infantil (2º Etapa, de 3 a 5 anos), BAC, ESO e matriculados en ciclos formativos ou universitarios.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro. A documentación e as bases cos requisitos de participación poden obterse na páxina web municipal ou de xeito presencial nas oficinas de Servizos Sociais Municipais ou no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz.
No paquete de axudas inclúense recursos para axudar ás familias a salvar a fenda dixital existente no rural. Habilítanse dúas liñas: por unha banda, axudas para a mellora da conexión dixital, para que o alumnado de 5º e 6º de Primaria e o da ESO poida acceder a contratos de liñas Wi-Fi, de subministro de datos ou doutros dispositivos existentes no mercado; pola outra, para a adquisición de dispositivos tecnolóxicos (computadoras, portátiles ou tabletas), dirixida ao alumnado de 4º da ESO e Bacharelato empadroado en Guitiriz, independentemente de que curse estudos en centros fóra do municipio.
Estas axudas enmárcanse dentro da Liña 3 Cooperación, solidariedade e desenvolvemento humano do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Guitiriz. As axudas irán destinadas ás familias, tendo en conta o poder adquisitivo do concello e serán compatibles con calquera outra que reciban polo mesmo concepto.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “con estas axudas o Goberno municipal busca que os nenos e nenas de Guitiriz poidan ter as mesmas oportunidades de estudo, ao tempo que as familias poidan afrontar os diferentes gastos do curso escolar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?