Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Prosegue na provincia de Ourense a xira tecnolóxica Enredando Tour 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Prosegue na provincia de Ourense a xira tecnolóxica Enredando Tour 2024

S. P.
Publicado: 23/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

enredandotour2023b_0.jpgA xira Enredando Tour 2024, que arrincou o pasado 12 de xullo na Alameda de Noia e cuxo principal obxectivo é reducir a fenda dixital e proporcionar ferramentas para o uso das tecnoloxías ás persoas maiores de 55 anos, prosegue nesta recta final de agosto o seu periplo con novas recaladas en diferentes localidades da xeografía galega, abranguendo tamén a primeira semana do mes de setembro.
Estas paradas foron precedidas de diferentes obradoiros participativos na provincia de Lugo, en Chantada, O Incio e Abadín, onde a actividade tivo unha moi boa acollida. Ademais, o 20 de agosto a xira tamén arribou a Ponteceso. A partir de agosto o tour chega á provincia de Ourense, con paradas en Pereiro de Aguiar (o 29 de agosto), Cartelle (3 de setembro), O Irixo (4 de setembro), Viana do Bolo (6 de setembro) e Monterrei (9 de setembro).
A xira vén da man de Cruz Vermella en Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Para promover a capacitación dixital dos participantes cóntase cunha furgoneta superequipada con todos os dispositivos necesarios (portátiles, tabletas, altofalantes intelixentes…) e habilítase un espazo formativo itinerante nun lugar céntrico de cada localidade para favorecer a participación das persoas maiores que viven nela.
O tour arrancou como dixemos na Alameda de Noia e durante os meses de xullo, agosto e setembro percorre outras 19 localidades galegas.
A iniciativa cumpre dous obxectivos primordiais. Por unha banda, que as persoas maiores non fiquen fóra do mundo dixital e gocen de todas as súas vantaxes, e por outra banda, que o feito de vivir en pobos ou zonas rurais non supoña unha desvantaxe para elas.
Esta actividade é froito da colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Cruz Vermella en Galicia, que se uniron por segundo ano para facer esta xira e este programa formativo en competencias dixitais pola nosa comunidade autónoma.
Enredando
Enredando comezou no ano 2020 a súa andaina para evitar procesos de exclusión social por motivos económicos, de xénero, de idade, nivel educativo ou zona de residencia, entre outros.
Os obradoiros son impartidos por persoal especializado e voluntariado de Cruz Vermella e desenvolveranse polas mañás en horario de 10 a 14 horas. Neles ofrécense contidos formativos que faciliten o achegamento á realidade da tecnoloxía máis doméstica e presente en multitude de áreas da nosa vida cotiá.
Ademais, nesta edición incorporáronse novos contidos para que os maiores tamén se familiaricen con aplicacións que empregan Intelixencia Artificial e con conceptos como a realidade inmersiva (para o que poderán probar lentes de realidade virtual). Por outra banda, realizaranse sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e a ciberseguridade, que serán en horario de tarde, de 17 a 18:30 horas.
En cada unha das localidades incluídas na xira realizarase un sorteo especial dun portátil ou unha tableta entre os participantes dos obradoiros. As persoas interesadas nas actividades de Enredando Tour poden chamar ao teléfono gratuíto 900 825 030 ou escribir un correo electrónico a galicia@cruzroja.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?