Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Colexio Fogar de Afundación de Vigo inicia curso con nove títulos centrados en novas tecnoloxías de fabricación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Colexio Fogar de Afundación de Vigo inicia curso con nove títulos centrados en novas tecnoloxías de fabricación

S. P.
Publicado: 28/08/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fogar_abanca_colexio.jpgO Colexio Fogar Afundación de Vigo comezará en setembro un novo curso académico. Nel impártense un total de 9 titulacións de ciclos formativos, seis de grao medio (Preimpresión dixital, Impresión gráfica, Soldadura e caldeiraría, Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas e Instalacións de telecomunicación) e tres de grao superior (Programación da produción en fabricación mecánica, Automatización e robótica industrial e Mantemento electrónico). Houbo unha ampla lista de agarda nos ciclos superiores, así como nos ciclos medios con maiores saídas profesionais.
Segundo explica Abanca (Afundación), o grao de empregabilidade dos ciclos durante o pasado curso foi “especialmente revelador da altísima aceptación da formación profesional no mercado laboral”, cunha porcentaxe que rolda o 85 %, porque, no restante inclúense os estudantes que declinaron ofertas laborais para continuar dedicados aos seus estudos. Ademais, un total de 164 estudantes tiveron a oportunidade de completar a súa formación con prácticas en centros en traballo grazas á colaboración de 136 empresas, que realizaron unha moi boa valoración dos estudantes en prácticas.
No curso que finalizou este centro organizáronse diversas actividades que complementan a súa oferta académica como a XVII edición da Semana Técnica do Colexio Hogar, ademais de accións de voluntariado como as campañas de doazón de sangue, recollida de alimentos ou labores de voluntariado ambiental.
Abanca destaca no capítulo de fitos a conmemoración do 75.º aniversario da fundación do Colexio, que se celebrou cun acto no que se reuniron antigo alumnado, profesorado ou empresariado vinculado á escola, con quen hoxe en día tomaron o relevo en todos estes ámbitos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?