Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae achega en outubro a 2ª edición do seu curso sobre usos da IA Xenerativa en empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae achega en outubro a 2ª edición do seu curso sobre usos da IA Xenerativa en empresas

S. P.
Publicado: 28/08/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

vitae_instagram32.jpgA consultora galega Vitae Consultores vai organizar o vindeiro mes de outubro (os días 1, 3, 8 e 10) a segunda edición do seu curso IA Xenerativa: aplicación práctica na empresa, de 12 horas de duración. A formación pon o foco nos moitos exemplos de rendibilidade e utilidade que podemos extraer deste tipo de Intelixencia Artificial a nivel profesional e empresarial.
Este curso, informa Vitae, está deseñado para proporcionar as habilidades e coñecementos necesarios para aproveitar ao máximo as capacidades da IA Xenerativa, elevando así o seu rendemento profesional.
Un dos aspectos máis destacados deste tipo de Intelixencia Artificial “é a súa capacidade para xerar texto”, explican fontes de Vitae, engadindo que con esta ferramenta todas as tarefas comúns dun profesional de administración (redactar informes, correos electrónicos ou presentacións) pódense realizar de maneira máis rápida e precisa, mellorando a claridade e efectividade das comunicacións internas e externas.
Do mesmo xeito, os responsables de mercadotecnia (marketing) poden beneficiarse ao optimizar as descricións, etiquetas e títulos en redes sociais, o que incrementa o alcance e a interacción co público obxectivo. “As ferramentas de IA non só aforran tempo, senón que tamén aseguran que o contido sexa coherente e atractivo”, sinala Vitae, apuntando que no sector de recursos humanos, a IA Xenerativa pode ofrecer solucións complementarias que faciliten a mellora de currículos, a redacción de cartas de presentación ou a preparación para entrevistas. Ademais, a creación de perfís profesionais adaptados a diferentes roles vólvese unha tarefa máis eficiente. A IA pode analizar grandes cantidades de datos para identificar as habilidades e experiencias máis relevantes, axudando a seleccionar e desenvolver talento de maneira máis efectiva. Así, as persoas responsables de contratación poden tomar decisións máis informadas e precisas, optimizando o proceso de selección.
No ámbito da programación, a IA preséntase como unha ferramenta ideal para os desenvolvedores. Xa sexa que estean a aprender novas linguaxes de programación ou necesiten xerar código axiña, a IA pode asistir nestes procesos, facilitando a aprendizaxe e mellorando a eficiencia no desenvolvemento de software.
Os exemplos prácticos que se presentarán no curso mostrarán como estas ferramentas poden integrarse no fluxo de traballo dos desenvolvedores, permitíndolles enfocarse en tarefas máis complexas e creativas.
vitae_chat_ia.jpg Vitae lembra que ademais da xeración de texto, a IA Xenerativa tamén conta con aplicacións na creación de imaxes: “Os profesionais de finanzas e administración poden utilizar a IA para elaborar informes e presentacións visualmente atractivos, mellorando a comunicación de datos e resultados”.
O curso tamén abordará a xeración de contido audiovisual, unha ferramenta cada vez máis importante en mercadotecnia e comunicación. Os profesionais do sector aprenderán a crear vídeos promocionais de alta calidade utilizando ferramentas de IA. A capacidade de producir contido audiovisual é crucial para captar a atención do público e comunicar eficazmente o valor dunha marca.
Finalmente, exploraranse no curso casos de uso prácticos da IA, integrando ferramentas como ChatGPT-4o e Gemini en diversas contornas laborais. “Estes exemplos demostrarán como a IA pode ser aplicada en situacións reais, proporcionando solucións efectivas e mellorando de xeito significativo a produtividade e eficiencia en diferentes áreas de traballo”, sinala Vitae, engadindo que este curso “proporciona unha guía práctica sobre como estas tecnoloxías poden ser aplicadas para optimizar o traballo diario de profesionais de calquera ámbito; ao finalizar, os participantes estarán equipados coas ferramentas e coñecementos necesarios para transformar a súa maneira de traballar, aproveitando ao máximo o potencial da IA”.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Hugo Ramallo, especialista en Intelixencia Artificial e Transformación Dixital, ademais de experto na integración e capacitación en IA aplicada á educación e a contorna empresarial. No ámbito académico, conta con múltiples certificacións en IA e aprendizaxe automática de institucións como IBM, Stanford e Google. Dispón dun curso de experto universitario en Intelixencia Artificial e Big Data e un Mestrado en IA e Innovación.
Actualmente é CEO (director executivo) e co-fundador de GlobalCobots, unha empresa dedicada á formación e a integración de IA en centros educativos.
Ademais, é membro do departamento de educación en OdiseIA, un observatorio sobre o impacto social e ético da Intelixencia Artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?