Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Poio retoma en setembro a súa actividade con cinco formacións gratuítas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Poio retoma en setembro a súa actividade con cinco formacións gratuítas

S. P.
Publicado: 29/08/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aula_cemit_poio-2.jpgA Aula CeMIT do Concello de Poio vai retomar a súa actividade en setembro e farao cun total de cinco cursos de formación gratuítos, que inclúen desde iniciación á informática, ata exercitación da memoria, iniciación a Internet e ao enderezo electrónico e unha formación específica para obter o diploma de aproveitamento do curso EMA de Competencias Dixitais.
Ademais, de luns a venres calquera usuario que o desexe tamén poderá facer uso do equipamento e da conexión a internet da aula de 9.00 a 10.30 horas e de 12.00 a 14.00 horas, e o sábado entre as 9.00 e as 14.00 horas, sempre con cita previa.
O curso de Iniciación á informática mostrará ao alumnado os conceptos básicos deste ámbito tecnolóxico, desde acender e apagar correctamente o computador e o manexo do rato, ata familiarizarse co entorno gráfico e o uso dos arquivos e das carpetas. Desenvolverase do martes 3 ao venres 6, de 10.30 a 12.00 horas.
Os luns 2, 9 e 16, o mércores 25 e o xoves 26 de setembro organízase unha actividade de envellecemento saudable (Memoria), na que exercitar e estimular a mente, a vista e a motricidade fina mediante crebacabezas (puzzles) e debuxos. Desenvolverase de 10.30 a 12.00 horas.
cursos_aula_cemit_poio_setembro_2024.jpgO curso Iniciación a Internet impartirase do 10 ao 13 de setembro, no mesmo horario que os anteriores, e os participantes utilizarán navegadores libres e gratuítos para coñecer o mundo do hipertexto das páxinas web e aprender a utilizar aplicacións e ferramentas máis comúns.
Unha semana despois, do 17 ao 20 de setembro, a Aula CeMIT de Poio organiza o curso Iniciación ao correo electrónico web, no que se explicará como crear unha conta de correo electrónico, o seu funcionamento, ver os correos recibidos, respondelos ou enviar un novo, así como engadir e xestionar os contactos da axenda.
Por último, o venres 27 realizarase a proba para a obtención do diploma de aproveitamento do curso EMA de Competencias Dixitais (COMDIX).
Todos os cursos da Aula CeMIT, situada en Combarro, son gratuítos e presenciais. As inscricións pódense facer a través da web da Rede ou no enderezo electrónico cemit.poio@xunta.gal. Para facelo de xeito presencial, na propia aula, as anotacións realizaranse a partir de setembro.
Máis actividades
Ademais dos cursos da Aula CeMIT, o Concello de Poio ten programados tamén para o último trimestre do ano varios cursos de alfabetización e competencias dixitais transversais, que buscan facilitar ao alumnado os coñecementos básicos para que poidan realizar comunicacións e transaccións seguras en liña, utilizando os seus propios dispositivos electrónicos e familiarizándose con novas oportunidades de formación e aprendizaxe.
Cada curso ten 32 horas de duración e impártese na modalidade presencial na aula de informática situada na Reiboa nas seguintes datas: do 23 de setembro ao 2 de outubro; do 14 ao 23 de outubro; do 4 ao 13 de novembro; e o último curso será do 18 ao 27 de novembro.
As persoas interesadas pódense inscribir en calquera dos cursos que quedan por celebrarase nun formulario que atoparán na páxina web de Poio Dixitaliza ou solicitar información no teléfono 604 039 575.
Entre os contidos inclúense módulos de tecnoloxías habilitadoras dixitais (2 horas), información e alfabetización dixital (6 horas), comunicación e colaboración online (6 horas), creación de contidos dixitais (6 horas), seguridade na Rede (6 horas) e resolución de problemas (6 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?