Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta proba a fondo unha innovadora tecnoloxía que axiliza a busca de persoas extraviadas: DroneFinder
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta proba a fondo unha innovadora tecnoloxía que axiliza a busca de persoas extraviadas: DroneFinder

S. P.
Publicado: 29/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dronefinder.jpgIndra, Aeromedia e o Instituto Tecnolóxico de Galicia puxeron a disposición da Xunta, a través do programa autonómico de emprendemento Civil UAVs Initiative, unha innovadora tecnoloxía que permite reducir os tempos de busca de persoas desaparecidas e que combina o emprego de vehículos non tripulados e Intelixencia Artificial: a tecnoloxía DroneFinder. O Goberno galego lembrou que está a ser pioneiro no uso desta solución, que xa foi testada na nosa terra en diferentes escenarios e casos de uso, en zonas periurbanas, rurais e costeiras, nun total de 11 misións de localización e busca, nas que se contou coa colaboración da Axencia Galega de Emerxencias – AXEGA e de membros das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Como dixemos, este sistema de xestión de busca de persoas extraviadas foi desenvolvido por Indra, pola peme Aeromedia e polo Instituto Tecnológico de Galicia. Xa se teñen rexistrado demostracións de interese doutras Administracións e entidades sobre esta tecnoloxía, que foi presentada en feiras e eventos sectoriais como DRONExpo, UNVEX ou Xponential e que está preparada para integrarse nos sistemas doutros servizos de emerxencias, sanidade ou forzas de seguridade.
Esta tecnoloxía desenvolvida ao abeiro do programa Civil UAVs Initiative proporciona recursos para buscar e localizar a persoas por diferentes medios: mediante a comunicación do dron cun localizador nun reloxo, un detector de teléfonos móbiles ou analizando o vídeo das cámaras integradas nos vehículos non tripulados, que avalían de forma automática e en tempo real grandes volumes de imaxes recollidas por cámaras de vídeo duais. Ademais, o sistema permite lanzar un aviso directo aos equipos de emerxencias, reducindo os tempos de resposta e optimizando os recursos empregados nos operativos de busca.
dronefinder_2.jpgA Xunta explicou que o obxectivo final é localizar a persoas extraviadas no menor tempo posible, xa que, para o éxito destas operacións, as primeiras 48 horas son vitais, especialmente en casos de persoas con deterioro cognitivo, enfermidades neurodexenerativas ou de persoas con discapacidade.
O Goberno galego tamén lembra que o programa de Solucións da Civil UAVs Initiative está enfocado a desenvolver ata a súa plena operatividade produtos ou servizos baseados en sistemas non tripulados e outras tecnoloxías para a súa aplicación en servizos públicos específicos, dando resposta a retos identificados previamente por diferentes departamentos da Xunta de Galicia.
Desde a posta en marcha da Civil UAVs Initiative en 2014 ata a actualidade téñense adxudicado un total de 12 contratos, dos cales 5 xa se despregaron nos servizos públicos e outros dous están en proceso de ser incorporados a diferentes departamentos da Xunta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?