Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os centros socioculturais de Santiago poñen o foco este curso na capacitación dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os centros socioculturais de Santiago poñen o foco este curso na capacitación dixital

S. P.
Publicado: 29/08/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_programa_centros_socioculturais.jpgOs Centros Socioculturais de Santiago acollerán no próximo curso preto de 700 actividades distintas, das que 404 son organizadas polo propio departamento municipal. O prazo para inscribirse nelas estará aberto do 3 ao 13 de setembro. Explicouno o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, que presentou esta semana a programación dos CSCs para o vindeiro curso, nunha rolda de prensa na que tamén participou a técnica responsable de programación da rede, Lourdes de la Cruz. Boa parte das ditas 700 actividades que se celebrarán nos 42 centros socioculturais de Santiago serán acción de formación dixital.
En xeral, suman máis de 10.400 prazas dispoñibles, tanto para público infantil como para público adulto. Desas actividades, 404 son organizadas pola propia Concellaría, e a maioría delas, 231, son actividades municipais de balde. As 291 actividades restantes son impulsadas por diferentes entidades coas que colabora o Departamento de Centros Socioculturais e desenvolveranse nos espazos da rede.
Xan Duro explicou que a programación para o novo curso “consolida propostas que veñen tendo boa acollida por parte dos e das usuarias dos centros socioculturais, sempre coa máxima de fomentar a vida comunitaria e a participación social a través das actividades de tempo libre”.
O concelleiro de CSC incidiu na “diversidade das propostas que oferta a Rede” con actividades “para públicos moi diferentes”. Así, haberá propostas específicas para nenos e nenas, entre elas as aulas de xogo; propostas para a mocidade, con temáticas que son do seu interese como robótica ou danzas urbanas; e tamén será moi intensa a programación para o público adulto, incidindo especialmente no fomento da vida saudable, tanto do punto de vista físico como mental.
Como dixemos, as accións de formación dixital terán unha forte presenza na programación, co fin de levar as novas tecnoloxías ao público adulto, con aulas e monográficos sobre cuestións específicas como o manexo da Administración Electrónica (eDNI ou trámites telemáticos), a utilización básica do smartphone, ou iniciación ao deseño con Canva. Outra das novidades para este novo curso será o Espazo Maker, dirixido a maiores de 16 anos, que ofrecerá actividades os venres e sábados na Casa das Asociacións de Cornes.
O prazo de preinscrición nas actividades regulares da rede de Centros Socioculturais estará aberto do 3 ao 13 de setembro. O trámite pode realizarse vía online, cubrindo o formulario correspondente na sede electrónica do Concello, ou de maneira presencial nos propios centros socioculturais. No caso dos centros do rural, e para facilitar a preinscrición, as persoas interesadas nas actividades tamén poderán apuntarse na Casa das Asociacións de Cornes, ou enviando un correo electrónico á dirección ccpreinscricions@santiagodecompostela.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?