Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha nova edición das Aulas Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha nova edición das Aulas Tecnópole

S. P.
Publicado: 02/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

aulas_tecnopole-5.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia pon en marcha unha nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 12 a 18 anos. A matrícula xa está aberta e poderá realizarse ata o 30 de setembro (ou ata esgotar as prazas), a través da páxina web da iniciativa. Esta proposta enmárcase dentro das actividades de Tecnópole Divulga, que busca incentivar as vocacións científicas e técnicas e o espírito emprendedor entre as xeracións futuras.
aulas_tecnopole_2-3.jpg O Parque Tecnolóxico lembra que as Aulas Tecnópole alcanzan este ano a súa décimo quinta edición e que as prazas están limitadas a 45 asistentes, por orde de inscrición. A cota mensual é de 20 €, que inclúe ademais o transporte desde varios puntos da cidade de Ourense.
Os participantes trasládanse unha tarde por semana a Tecnópole, os xoves de 17:00 a 19:00 horas, durante os meses de outubro de 2024 a maio de 2025. Unha vez alí dispoñen das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico de Galicia para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente en programas destas características.
aulas_tecnopole_3-2.jpgRespecto da metodoloxía, a rapazada de Secundaria e Bacharelato decidirá os proxectos a desenvolver ao longo do curso, apoiados polos seus docentes. Recibirán formación sobre as pautas que debe seguir “unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto”, explica a Tecnópole, engadindo que amais terán a ocasión de presentar as súas propostas en diferentes feiras e eventos científicos de ámbito autonómico ou nacional como Exporecerca Jove en Barcelona, Open Science en Cambre ou CinVigo na cidade olívica; nas que os equipos de Aulas Tecnópole adoitan obter importantes recoñecementos aos seus traballos.
Ao igual que o curso pasado, aproveitaranse as instalacións da Aula Newton para realizar determinadas actividades como o deseño de sondas estratósfericas, microsatélites, túneles de vento ou mesmo a construción de drons, entre outras propostas vencelladas co eido aeronáutico e aeroespacial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?