Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ribeira comeza setembro con novas tres actividades formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ribeira comeza setembro con novas tres actividades formativas

S. P.
Publicado: 02/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_cemit_ribeira_francisco_puerta_colomer.jpgO concelleiro de Novas Tecnoloxías de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, presentou na mañá deste luns 2 de setembro a nova programación formativa da Aula CeMIT para este inicio do curso: trátase de tres accións que se van a levar a cabo neste mes de setembro e que teñen como nexo común avanzar na capacitación tecnolóxica da cidadanía. Inclúese unha formación para a rapazada (Tech Kids), unha actividade fintech e iniciación á informática básica.
Programa Tech Kids
O obradoiro creativo Tech Kids, impulsado pola axencia autonómica AMTEGA e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) celebrarase en Ribeira este mércores 4 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade dirixida á rapazada de entre 12 e 18 anos, co obxectivo de poñer en práctica o seu talento dixital. Durante as formacións poderán abordarse algunhas das seguintes temáticas: deseño guiado de modelado en 3D orientado á fabricación FDM; práctica guiada de construción e programación dun robot simple que implemente unha placa controladora para xestionar os compoñentes e comunicarse con outros; prácticas supervisadas de pilotaxe de drons en interior: modo xenérico en modo FPV; experiencias inmersivas en Realidade Virtual e Educa360 (con gafas 3D); e unha proposta de proxectos futuros e inspiración.
O concelleiro lembrou que a partir desta aprendizaxe sentaranse as bases para poder deseñar e desenvolver voluntariamente un reto científico-tecnolóxico interxeracional que sirva como instrumento para impulsar a creatividade, o uso e aproveitamento do equipamento e materiais a través de proxectos autónomos que teña como base a formación recibida. Confeccionaranse proxectos/maquetas que poderán presentarse a un concurso (Argallando)
Finanzas para tod@s
O curso Finanzas para tod@s, impulsado por AMTEGA en colaboración co Banco de España, ten por obxectivo dotar á cidadanía dos coñecementos básicos e das ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e informada. Son 3 sesións formativas por centro cunha duración de 2.5 horas cada unha.
Día 1: venres 13 de setembro (de 10:00 a 12:00 h). Como está a miña Saúde financeira? Como me afecta a inflación? Aprenderemos a diagnosticar e planificar as nosas finanzas persoais en tempos de incerteza.
Día 2 – venres 20 de setembro (de 10:00 h a 12.30 h). Consellos prácticos sobre contas, tarxetas e outras formas electrónicas de pago. Que debemos saber á hora de financiar unha compra ou asinar/renegociar unha hipoteca?
Día 3 – venres 27 de setembro (de 10:00 a 12:30 h). Banca en liña, comercio electrónico, Bizum. Como protexernos fronte a ciberdeleincuencia e o fraude nas operacións financeiras cotiás?
Programa Integrado de Emprego do concello de Ribeira
Ademais do devandito, levarase a cabo 2 cursos intensivos de informática básica (nivel 2) para os usuarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ribeira que xa asistirán aos cursos de informática básica (nivel 1) en marzo (1º Grupo) e en abril (2º Grupo) de este ano 2024.
1º Curso – Do luns 16 ao xoves 19 (De 9.30 a 13:30 h) – Curso de Informática Básica II (1º Grupo)
2º Curso – Do luns 23 ao martes 26 (De 9.30 a 13:30 h) – Curso de Informática Básica II (2º Grupo)
Suárez-Puerta manifestou a gran aceptación dos cursos da Aula CeMIT de Ribeira, “xa que sempre se acaban enchendo e moitas veces quedan alumno/as en suplencia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?