Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA convoca máis de 2.600 prazas para obter a nova certificación galega de competencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA convoca máis de 2.600 prazas para obter a nova certificación galega de competencias dixitais

S. P.
Publicado: 02/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computadores_ordenadores-2.jpgAMTEGA lanzou a primeira convocatoria de carácter libre para obter a certificación galega en competencias dixitais no nivel Iniciación (ComDix Iniciación). Son 2.461 as prazas dispoñibles para acceder a esta certificación do Marco Galego de Competencias Dixitais, que acredita os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. Podemos ver máis detalles na publicación deste luns 2 de setembro do DOG (en formato PDF).
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon ao dispor das persoas interesadas en acceder á certificación contidos formativos en liña, a través da plataforma de teleformación da Rede CeMIT, que poden empregar para adquirir os coñecementos e habilidades definidas no Marco Galego de competencias dixitais.
A inscrición poderá realizarse dende este 3 de setembro a través do portal da Rede CeMIT cos únicos requisitos de ser maior de 16 anos e usuario da Rede. No caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas, realizarase un sorteo para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda.
AMTEGA explica que a convocatoria contempla dúas probas de avaliación independentes, que se celebrarán os días 23, 24 e 25 de outubro e o 20, 21 e 22 de novembro, con dous prazos de inscrición diferentes co obxecto de facilitar que as persoas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria.
Os lugares, datas e horarios de cada unha destas edicións poden consultarse máis detalladamente na páxina web da rede CeMIT, na que figura o calendario das probas presenciais que se celebrarán en 45 concellos de Galicia.
Para obter o ComDix Iniciación é preciso superar unha enquisa de 60-70 preguntas tipo test de diversa complexidade que inclúe a avaliación das 21 competencias establecidas na estrutura do Marco Galego ComDix, considerándose aptas aquelas persoas que superen o 70% do total das preguntas e o 60% das preguntas referentes a cada unha das seguintes 5 áreas: información e datos; comunicación e colaboración; creación de contido dixital; seguridade e privacidade; e contorna dixital e solución de problemas.
Marco Galego de Competencias Dixitais
Para facilitar a capacitación dixital da cidadanía Galicia ten en marcha o Marco Galego de Competencias Dixitais, en vigor desde o 1 de xaneiro de 2022, aliñado co marco europeo, e enmarcado na Estratexia Galicia Dixital 2030. O marco galego establece cinco grandes áreas de dominio, 21 competencias e cinco niveis de aptitude: iniciación, intermedio, avanzado e especializado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?