Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames retoma a actividade con seis cursos de formación para maiores e pequechos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames retoma a actividade con seis cursos de formación para maiores e pequechos

S. P.
Publicado: 06/09/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

ames_aula_cemit-2.jpgLogo do peche de agosto a Aula CeMITdo Concello de Ames anuncia a súa oferta formativa para o último cuadrimestre do ano 2024, que inclúe tres cursos para adultos e outros tres para menores de idade. Ademais dunha introdución á Administración Electrónica, volven clásicos do mes de setembro como a iniciación á informática e á mecanografía, tanto para adultos como para os pequenos da casa. Así mesmo, tamén hai novidades con respecto ao COMDIX, do que se abriron dúas novas convocatorias.
Exame para a obtención do COMDIX
Co inicio do novo curso, a AMTEGA vén de convocar novas prazas para a obtención da nova Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX). Deste xeito, abríronse as convocatorias de dúas edicións do nivel de iniciación: a de outubro (con inscricións abertas ata o 18 de setembro) e a de novembro (con inscricións abertas ata o 18 de outubro). O temario completo do exame está xa dispoñible para todo o mundo na plataforma de teleformación. Pódese acceder co usuario da rede CeMIT na sección de Cursos / Competencias Dixitais.
cursos_cemit_ames_202409_-_cartel_page-0001.jpg Para complementalo e facer máis accesible a formación, a Aula CeMIT vai realizarun curso presencial previo a cada convocatoria. Cada unha das edicións conta cun centenar de convocatorias en toda Galicia, das cales 3 serán na Aula CeMIT de Ames. Porén, só se pode solicitar unha praza por edición. Así, as inscricións pode realizarse o mércores 23 de outubro e o xoves 21 de novembro. No caso de ter superada a proba na edición de outubro, as persoas aspirantes non entrarán no sorteo de novembro.
Para consultar calquera dúbida ou solicitar máis información pódese enviar un correo ao enderezo electrónico formacion-cemit@xunta.gal.
Cursos para adultos
Ofértanse 14 prazas para cada curso de carácter presencial. O alumnado poderá facer uso da aula aberta tanto antes coma despois para realizar practicas adicionais ou consultar dúbidas sobre calquera tema.
Introdución á Administración Electrónica
Impartirase o luns 16, mércores 18 e venres 20 de setembro, de 10.00 a 12.00 horas. Trátase dun curso adicado á familiarización coa Administración Electrónica. Aprenderase a manexarse con todo tipo de sistemas de identificación electrónica, dende o DNI electrónico ata os certificados dixitais, cl@ve e chave365. Verase como adquirir cada un deles e as súas vantaxes ou inconvenientes. Amais farase un achegamento á Sede electrónica do Concello de Ames e da Xunta, servizos de utilidade como as aplicacións É-Saúde, Notifica.gal, XuntaEu e Mi carpeta ciudadana.
Iniciación á informática
O curso de Iniciación á informática impartirase o martes e xoves, de 10.00 a 12.00 horas, dende o 24 de setembro ata o 28 de novembro. É unha actividade de introdución ao uso do computador dende o máis básico: aprenderanse conceptos coma o manexo do rato e teclado, acender e apagar os equipos de forma correcta, xestión do sistema operativo para crear documentos, traballar con eles e, sobre todo, perderlle o medo ao ordenador.
Mecanografía para adultos
O curso Mecanografía para adultos impartirase o mércores, de 10.00 a 12.00 horas, dende o 2 de outubro ata o 27 de novembro. Aprenderase a sacarlle partido á plataforma online Typing para practicar tanto dende a aula como dende a casa, teñamos o nivel que teñamos.
Cursos para menores de idade
O Concello de Ames lembra que o menor debe estar rexistrado previamente na rede CeMIT para poder matricularse en calquera destes cursos. Pode facelo pasando pola aula ou a través da ligazón específica.
Informática para nenos/as – Nivel básico (de 7 a 10 anos)
Impartirase o martes, de 17.15 a 18.45 horas, dende o 17 de setembro ata o 10 de decembro. Trátase dun curso de iniciación á Informática no que os nenos e nenas de entre 7 e 10 anos aprenderán as bases do uso dun ordenador: rato, teclado, sistema operativo, xestión de documentos e cartafoles, acceso á rede para practicar con xogos educativos, introdución á escritura en LibreOffice Writer, etc.
Introdución á mecanografía (nenos/as entre 7 e 10 anos)
Este curso impartirase os xoves, de 17.00 a 18.00 horas, dende o 19 de setembro ata o 12 de decembro. O Concello explica que se trata “dun curso idóneo para practicar mecanografía, sexa a primeira vez que se achega a este eido ou desexe continuar dende algún curso anterior”. Empregarase unha plataforma online coa que o alumno poderá continuar a practicar en calquera momento dende a súa casa.
Introdución á mecanografía (rapaces/as entre 10 e 14 anos)
impartirase tamén os xoves, de 18.00 a 19.00 horas, dende o 19 de setembro ata o 12 de decembro. Dende a Aula CeMIT explican que se trata “dun curso idóneo para practicar mecanografía, sexa a primeira vez que se achega a este eido ou desexe continuar dende algún curso anterior”. Empregarase unha plataforma online coa que o alumno poderá continuar a practicar en calquera momento dende a súa casa. A Aula CeMIT de Ames impartirá seis cursos de formación que se desenvolverán durante o último cuadrimestre do ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?