Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A contratación de Internet medra máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A contratación de Internet medra máis dun 20% nos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes

S. P.
Publicado: 09/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

parella_computador_conectados_ordenador_videochamada.jpgO 94,3% das familias galegas dispón de acceso a Internet no fogar. Entre 2020 e 2023, a porcentaxe de fogares galegos con conexión a Internet aumentou un 4,4%, mentres a media europea fíxoo no 2,3%, un incremento especialmente significativo nos concellos con menos de 5.000 habitantes, que achegaron unha taxa de medre do 20,5% neste mesmo período. Ademais, a porcentaxe de usuarios de Internet nos últimos tres meses chegou ao 91,5%, o que representa aumento do 2,5% en comparación co 2022. Estes e outros datos figuran no estudo Galicia. A nosa vida en dixital. A Sociedade da Información nos fogares galegos. Edición 2023 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Internet nos fogares
No informe sinálase tamén que en 2023 un total de 890.005 fogares galegos tiña contratada unha conexión de Internet, o que supuxo un incremento de 36.545 fogares desde 2020. Ademais, os concellos que rexistraron o maior incremento na contratación deste servizo foron os de menos de 5.000 habitantes, cunha porcentaxe de 89,7% no 2023 (un 3,7% respecto ao ano anterior), o que supuxo un total de 3.815 fogares máis con Internet contratada no último ano. No estudo engádese que tamén se rexistrou un importante aumento na porcentaxe de fogares con conexión a Internet de máis de 100 Mbps, situándose no 32,7% en 2023 fronte ao 27,2% que rexistraba no ano 2020.
A dixitalización dos fogares galegos segue incrementándose no 2023
No informe Galicia. A nosa vida en dixital sinálase ademais que en 2023, o 79,1% do total de fogares galegos dispoñen de ordenador de sobremesa, portátil ou tableta. O maior crecemento ven dado polos ordenadores portátiles, un 1,7% máis que o ano anterior, e que están presentes no 61,1% dos fogares galegos. Ademais, o 27,8% dos fogares galegos dispoñen dalgún dispositivo electrónico intelixente o que supón un incremento relativo do 59,7% respecto ao ano anterior. Tamén aumentan nun 50% os dispositivos de seguridade con conexión a Internet, nun 20,2% os altofalantes intelixentes e nun 12,6% os fogares con Smart TV.
O dispositivo electrónico máis estendido entre os galegos e galegas é o smartphone, do que dispón o 92,6% da poboación galega. O seu uso é universal nas persoas de 16 a 44 anos mentres que, entre as persoas maiores de 64 anos sitúase no 70,3%.
videochamada_computador_ordenador_casa.jpgA dixitalización da cidadanía galega segue en aumento
O informe de OSIMGA explica tamén que o número de internautas aumenta 2,5% respecto ao ano anterior. O 91,5% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos últimos tres meses, o que implica un incremento de 70.070 internautas nos últimos catro anos. Ademais, saliéntase que a fenda dixital en función da idade “está a diminuír ano tras ano”, e “é importante destacar un importante aumento no nivel de dixitalización entre as persoas de 65 a 74 anos, cunha porcentaxe de usuarios de Internet do 65,9%”.
Usos de Internet
Respecto ao uso da Rede en 2023, un 63,9% dos galegos e galegas realizou compras por Internet, 5,3% máis que o ano anterior. Esta porcentaxe increméntase ata o 90,6% entre os mozos e mozas con idades entre os 25 e 34 anos. No que respecta á Administración Electrónica, o 85,2% dos internautas empregárona para buscar información e o 80,8% enviaron formularios cubertos ás administracións a través da Rede, cun incremento do 3,1% respecto á edición anterior.
Ademais, respecto a outros usos de Internet o estudo sinala que o 98,5% dos galegos e galegas que emprega Internet usa mensaxería instantánea; o 88,6% busca información sobre bens e servizo; o 86,6% recibe ou envía correos electrónicos , o 81,7% le noticias, xornais ou revistas en liña, un 79,6% realiza chamadas por Internet ou vídeo-conferencias; e un 78,4% usa a banca electrónica.
Ciberseguridade
O 63,1% das persoas que usaron Internet nos últimos 12 meses actualizan periodicamente automaticamente ou de xeito manual, algún dos seus produtos de seguridade. O estudo sitúa nun 14,4% a porcentaxe dos internautas galegos que sufriron algún incidente de ciberseguridade no último ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?