Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: UVigo e Deputación destinan 24.000 euros ás axudas da Cátedra Feminismos 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

UVigo e Deputación destinan 24.000 euros ás axudas da Cátedra Feminismos 4.0

S. P.
Publicado: 09/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

axudas_feminismos_uvigo_deputacion.jpgA Universidade de Vigo lanzou unha nova edición das axudas para o financiamento de proxectos de investigación realizados por grupos dos campus de Pontevedra e Vigo ao abeiro da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. O obxectivo desta convocatoria é “promover e potenciar a investigación no ámbito da cultura e da sociedade dixital en estudos feministas ou estudos de xénero”.
Estes apoios tamén queren loitar contra o desequilibrio entre mulleres e homes que se dedican á investigación no sistema universitario de Galicia, en cumprimento do compromiso de eliminación de discriminacións entre mulleres e homes que recolle o artigo 1 da Lei 7/2023 para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
As propostas que se presenten poderán versar sobre temas e perspectivas epistemolóxicas e metodolóxicas feministas e sobre a cultura e a sociedade dixital arredor dos contidos abordados nas titulacións impartidas nos campus de Pontevedra ou Vigo. En concreto, as bases da convocatoria detallan temáticas como o deseño de aplicacións, algoritmos, software, videoxogos, chatbots, cadea de bloques (blockchain) ou ferramentas de análise de información a gran escala (Big Data) con perspectiva de xénero ou feminista; a cibersororidade; a analítica dixital e as implicacións éticas da Intelixencia Artificial; o androcentrismo dos algoritmos e a perspectiva de xénero na web; os imaxinarios de xénero e o universo simbólico da Rede; Internet con perspectiva de xénero; o xénero nas redes sociais; ciberactivismos feministas; violencias de xénero na rede: ciberacoso, grooming, sexting, solliciting, sextorsión…; arqueoloxía dixital feminista; agronomía dixital feminista; arte e deseño dixital; o xénero nas redes sociais: identidades e xénero; o sexismo das redes sociais e das TRIC (tecnoloxías da relación, a información e a comunicación); hacker ético e feminista; historia das científicas, das programadoras e das geekgirls; feminismo na rede; mulleres nas STEM ou análise de datos sociais nas redes.
En total, a cátedra destinará ata 24.000 euros a esta convocatoria, cunha subvención máxima para cada proxecto de investigación de 6000 €. As solicitudes, que deben presentarse á Unidade de Igualdade da UVigo, poden ser impulsadas por grupos de investigación rexistrados na Oficina de I+D que conten cunha profesora ou profesor doutor a tempo completo como IP principal, con vinculación laboral á Universidade de Vigo nos campus de Vigo ou Pontevedra, así como os grupos que conten cunha investigadora ou investigador doutor contratado a tempo completo na Universidade de Vigo como investigador principal, con vinculación laboral á Universidade de Vigo nos campus da provincia de Pontevedra. Ademais, tamén poderán presentar as súas candidaturas as investigadoras e investigadores doutores con adscrición a un grupo de investigación da UVigo e que acrediten vinculación laboral coa UVigo tamén nestes dous campus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?