Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC organiza en outubro o evento Tech Angels Capital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC organiza en outubro o evento Tech Angels Capital

S. P.
Publicado: 10/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

startups_tecnoloxias.jpgO Clúster TIC Galicia organiza en outubro Tech Angels Capital, un evento exclusivo e específico para conectar startups tecnolóxicas galegas con importantes investidores, incluíndo business angels e fondos de capital risco, interesados en impulsar o crecemento destas organizacións.
O encontro, que se celebrará o 28 e 29 de outubro na sede da Zona Franca de Vigo, conta coa colaboración da AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), do propio Consorcio, do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) e de Node Hub, e está aberto a todas aquelas empresas emerxentes con base en Galicia enfocadas no desenvolvemento, implementación ou aplicación de solucións tecnolóxicas innovadoras.
Tech Angels Capital tamén busca achegarse a fondos de capital risco, inversores, business angels e fondos de investimento en disposición de participar nos proxectos presentados co obxectivo de transformar, mellorar e promover o crecemento das novas firmas innovadoras que os impulsan.
Segundo informa o Clúster TIC, o obxectivo é “incentivar a cooperación e o crecemento do ecosistema emprendedor galego de alicerce tecnolóxico, facilitando o seu acceso a recursos clave, novas oportunidades de mercado e ao financiamento que necesitan para escalar”.
O programa estrutúrase en dúas xornadas. O primeiro día, os inversores e as startups poderán entrar en contacto dun xeito distendido, a través dun foro colaborativo onde se presentarán retos e propostas do panorama TIC local e internacional, así como de actividades gastronómicas e de ocio.
O segundo día será a quenda das sesións pitching e encontros 1to1, deseñados para facilitar conexións estratéxicas e maximizar o valor de cada interacción, ofrecendo unha oportunidade única para crear sinerxías e establecer acordos de colaboración entre investidores e startups.
Para poder participar no evento, as startups teñen que enviar a súa solicitude antes do 30 de setembro a través da web do Clúster TIC Galicia. No caso dos fondos de investimento, as firmas interesadas en asistir, poden dirixirse á entidade a través de info@clusterticgalicia.com ou no 881 939 651.
Un comité de expertos integrado por membros do Clúster TIC Galicia, a AMTEGA, o IGAPE e Node Hub será o encargado de analizar as solicitudes recibidas, seleccionando os proxectos máis prometedores baseándose en criterios de innovación, viabilidade e potencial de crecemento. As novas firmas innovadoras escollidas recibirán asesoramento previo para presentar da forma máis efectiva posible a súa proposta no encontro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?