Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Energy Days reunirán en Santiago máis de 600 especialistas en enerxía, industria e dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Energy Days reunirán en Santiago máis de 600 especialistas en enerxía, industria e dixitalización

S. P.
Publicado: 10/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL
Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL
A Cidade da Cultura de Santiago acollerá do 8 ao 10 de outubro os Energy Days, un foro de debate sobre enerxía, industria e dixitalización organizada pola Agrupación industrial de Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL). O obxectivo da entidade é converter Santiago, durante tres días, “no punto de encontro dos mellores profesionais e as empresas máis innovadoras de España, que aproveitarán para presentar ante máis de 600 especialistas os últimos avances de tres sectores claves para o presente e o futuro de Galicia e que se atopan nun estado de innovación permanente”.
Nun plano máis concreto, abordaranse cuestións de “gran interese” como as renovables, a eficiencia enerxética, a iluminación, a mobilidade, a sustentabilidade ou a dixitalización, segundo avanza Oriol Sarmiento Díez, xerente de CLUERGAL, engadindo a que “nas actividades previstas os profesionais, as empresas e os representantes das nosas administracións poderán adquirir novos coñecementos nestas áreas e interactuar co sector, xa que fomentaremos o networking a través de cafés, xantares e múltiples actividades”.
Tres eixos temáticos
Como dixemos, os Energy Days configúranse ao redor de tres eixos temáticos: enerxía, industria e dixitalización. Así, debateranse cuestións como os últimos avances e aplicacións industriais en materia de enerxía solar, biogás, hidróxeno renovable, eólica (terrestre e mariña), xeotermia, biomas, comunidades enerxéticas, aerotermia… Ademais, explicaranse as vantaxes que poden conseguir as industrias galegas aplicando as últimas innovacións en cuestión de eficiencia enerxética, xestión de residuos, sustentabilidade, mobilidade, depuración, mantemento, climatización, iluminación ou coxeración. E todo iso sen esquecer as tecnoloxías impulsoras da actual Industria 4.0 como a Intelixencia artificial, a robótica, a análise da información a gran escala (Big Data), os xemelgos dixitais, a Realidade Virtual, a cadea de bloques (blockchain), a Realidade Aumentada ou a fabricación aditiva.
O foro Energy Days é unha evolución do simposio Urban Solutions, cuxas edicións celebradas en Vigo (2022) e Santiago (2023) foron todo un éxito, segundo recoñece Sarmiento, que explica que “se nestas dúas primeiras edicións a atención centrouse nas cidades, desta volta será o sector industrial galego o foco de atención”.
Nestes momentos, CLUERGAL traballa para pechar o programa de relatorios, no que profesionais e empresas de prestixio de toda España acudirán a Santiago para analizar todo o relacionado coa transición enerxética e a transformación dixital, que está a cambiar profundamente tanto ao sector industrial como á sociedade en xeral. A maiores contará cunha zona de exposicións, onde as empresas poderán expoñer os seus produtos e servizos, así como establecer contacto con profesionais, empresas, administracións e público en xeral.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?