Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre a campaña do Bono Turístico con 426 establecementos adheridos a Bonoturismo.gal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre a campaña do Bono Turístico con 426 establecementos adheridos a Bonoturismo.gal

S. P.
Publicado: 10/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20240910_npiniciocampanabonoturistico.jpgO director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e a directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, visitaron este 10 de setembro o hotel O Semáforo de Fisterra, un dos máis de 400 establecementos adheridos ao Bono Turístico da Xunta cuxa campaña comeza este martes 10, precisamente. Alí, Xosé Merelles animou aos usuarios dos bonos a comezar a empregalos desde hoxe e ata finais da ano “para gozar de estadías en Galicia fóra de temporada alta”.
Salientou tamén o interese do bono tamén nesta campaña, cuxas descargas -un total de 16.666- esgotáronse menos de quince días despois de que se abrise o prazo. “Este ano”, sinalou, “cada usuario puido descargar ata dous bonos, polo que o investimento que ofrecemos nesta edición está entre os 150 euros e os 300 euros para gozar dunha estadía este outono en Galicia”.
Xosé Merelles recordou que se trata dunha iniciativa que “vai asentándose despois de catro anos de éxito”, nos que conseguiu inxectar liquidez ás empresas do tecido turístico galego post-COVID e contribuír a impulsar a actividade fóra de temporada alta.
20240910_npiniciocampanabonoturistico2.jpg“Nestes catro anos puxemos en circulación máis de 47.000 bonos e mobilizamos máis de 14M€”, indicou. Neste sentido, confiou en que a campaña deste ano que comeza este día 10 “continúe a senda de edicións anteriores e nos permita seguir avanzando como destino desestacionalizado”.
O director de Turismo de Galicia agradeceu tamén ao sector con empresas como o Hotel Semáforo de Fisterra por sumarse a esta iniciativa “e seguir facendo deste destino un lugar diversificado”. De feito, salientou que ata o de agora hai inscritos 426 establecementos turísticos e recordou que as empresas poden seguir anotándose ata o 2 de decembro na súa páxina web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?