Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es lanza o Bono de Conectividade con 48 millóns de euros para pemes e autónomos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es lanza o Bono de Conectividade con 48 millóns de euros para pemes e autónomos

S. P.
Publicado: 11/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bono_de_conectividade_red.es.jpgA entidade pública estatal Red.es executa a iniciativa Bono de Conectividade, que inclúe 48 millóns de financiamento e que desde este martes 10 de setembro pode solicitarse a través da sede electrónica de Red.es. As subvencións concederanse a través dun proceso non competitivo, por orde de chegada.
Esta iniciativa, tamén coñecida como Programa Único Demanda Bono Peme, está destinada a mellorar a conectividade dixital de empresas de entre 0 e menos de 50 traballadores (pemes, microempresas e autónomos) e espera conceder 11.000 bonos para impulsar a dixitalización das pemes.
Trátase dun programa que vén reforzar o apoio á dixitalización das pemes e que se suma a outras iniciativas xestionadas por Red.es como Kit Dixital, que subvenciona solucións dixitais para mellorar o nivel de madurez dixital ou Kit Consulting, que ofrece bonos para contratar servizos de asesoramento. O Bono de Conectividade é compatible con ambas as iniciativas e poderá solicitarse desde hoxe e ata o próximo 30 de decembro.
O programa ofrece unha subvención de ata 3.000 euros, estruturada en dous elementos: unha solución de acceso a Internet mediante rede de banda larga e unha axuda para servizos de conectividade asociados. Se a empresa cumpre coas condicións establecidas nas bases (e que poden consultarse na web de Acelerapeme poderá elixir os servizos ou solucións que máis se adapten ás súas necesidades dentro do catálogo da iniciativa, que inclúe: acceso a Internet de banda larga, IP fixa, Wi-Fi profesional, telefonía móbil corporativa, almacenamento e backup na nube (básico e avanzado) e central virtual.
Algunhas categorías teñen requisitos especiais. Por exemplo, para acceder a Internet de banda larga, precísase non dispoñer no momento de solicitude dun acceso a internet de 100 Mbps en sentido descendente nin dispoñelo nos 3 meses anteriores.
Con respecto a telefonía móbil corporativa, a axuda abonarase exclusivamente para liñas de nova numeración. Ademais, tanto nesta categoría como na de central virtual, comprobarase o número de usuarios solicitados con respecto ao persoal medio da empresa.
A través dunha solicitude única na plataforma, a empresa poderá elixir a categoría de acceso a Internet de banda larga e complementala con outra ou outras do catálogo segundo as súas necesidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?