Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Portal da Lingua achegará de balde o novo estudo sobre nomenclatura galega de aves de Xosé Manuel Penas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Portal da Lingua achegará de balde o novo estudo sobre nomenclatura galega de aves de Xosé Manuel Penas

S. P.
Publicado: 11/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

240911_presentacion_x-3.jpgEste 11 de setembro celebrouse a presentación do libro Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves, un estudo do ornitólogo, investigador e mestre Xosé Manuel Penas Patiño que conta co apoio da Secretaría Xeral da Lingua para abordar en profundidade os nomes galegos das diferentes especies ornitolóxicas. O estudo estará dispoñible en datas vindeiras no Portal da Lingua.
Na presentación participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, quen agradeceu ao autor a súa contribución e destacou “o valor filolóxico e didáctico do traballo, así como o ambiental e natural, xa que se trata dun coñecemento que incide positivamente na sensibilización, protección e coidado das aves”. Neste senso, Valentín García animou “a aprender e apaixonarse, desde a lingua galega, co abraiante e vasto mundo das aves” a través desta lectura. O secretario xeral incidiu nas oportunidades “deste estudo enciclopédico, nun momento en que Galicia se está a converter en referencia do turismo de interese natural, nomeadamente no eido da observación das aves”.
contribucion_a_nomenclatura_galega_das_aves_240911_presentacion_x-1.jpgQuod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves, publicado pola editorial Andavira, aborda en profundidade os nomes vernáculos galegos das aves. Este volume é o primeiro tomo do estudo sobre as aves que cruzan os ceos de Galicia e aborda 171 denominacións e que se completará ata 625 noutras dúas achegas bibliográficas. Como dixemos poderá descargarse de balde proximamente desde o Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral da Lingua.
Xosé Manuel Penas Patiño
Xosé Manuel Penas Patiño (Santiago de Compostela, 1950) é naturalista e socio fundador do antigo Grupo Ornitolóxico Galego e da Sociedade Galega de Historia de Natural. Mestre de profesión, xa xubilado, conta cunha ampla traxectoria como ornitólogo e divulgador. No ámbito da ornitoloxía ten publicadas tres guías de aves de Galicia (1980, 1991 e 2004), para alén de numerosos artigos e revistas, e coordinou tamén o Atlas de vertebrados de Galicia.
Participou na Comisión para unha Lista Unitaria de Nomes Galegos de Aves (2012-2018) e nos seminarios de ornitonimia impulsados pola RAG (2019-2024), que tiveron como obxectivo a unificación e estandarización dos nomes galegos das aves para a ornitoloxía especializada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?