Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os galegos multiplicamos case por catro o consumo de datos móbiles dende 2020
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os galegos multiplicamos case por catro o consumo de datos móbiles dende 2020

S. P.
Publicado: 12/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

infografia-r.jpgA operadora galega R vén de revisar a evolución recente e a situación actual do consumo de GB en mobilidade en Galicia baseándose no uso de datos das súas liñas móbiles, preto de 400.000, e doutras marcas do Grupo Masorange no territorio. O balance revela información de gran interese para coñecer os nosos hábitos actuais en materia de dispositivos, por exemplo que o tráfico de datos na comunidade no último ano e medio pasou dos 9,6 GB de xaneiro de 2023 aos 14 GB de xullo de 2024. Deste xeito, a media mensual neste período supera os 13,3 GB por liña, o que segundo o balance de R “representa unhas 3,6 veces o consumo de hai catro anos, aínda cando a pandemia disparara a cifra daquela, chegando entón aos 3,7 GB mensuais de media”.
Respecto do uso que se lle dá a estes datos, na investigación lémbrase que as redes sociais e as reproducións en streaming concentran actualmente o groso do consumo de contido audiovisual, quer para usuarios/as, quer para marcas. Engádese que a mellora da calidade do servizo e a irrupción da 5G como tecnoloxía de inxentes posibilidades (que R e outras operadoras están a levar toda a xeografía galega, no caso de R cunha taxa de presenza do 90%) favoreceron tamén que aumentase o número de persoas dispostas a consumir grandes cantidades de datos en mobilidade para cubriren as súas necesidades cotiás.
As chamadas de voz en mobilidade tamén medran
No informe engádese que “lonxe de diminuír ou só de manterse, o número de chamadas móbiles realizadas medra preto dun 28 %, ao pasar de 170 chamadas mensuais por liña en xaneiro de 2023 a 217 en xullo de 2024, mes que bate a marca en consumo de voz do período. Así, a media mensual de chamadas sitúase nas 191 por liña e a duración media de cada unha delas supera lixeiramente os 2 minutos.
Venda de smartphones e picos estacionais
Logo do boom da venda de móbiles dos últimos anos, as estatísticas reflicten en 2023 un descenso na comercialización de terminais, sobre todo provocado pola inestabilidade xeopolítica e a incerteza inherentes ás guerras, factores que repercutiron na industria tecnolóxica. Malia isto, R foi quen de detectar na nosa terra un incremento da venda de teléfonos móbiles do 10 % no último ano, “o que revela de novo o dinamismo deste mercado en Galicia e o progresivo equipamento e acceso da poboación galega ás novas tecnoloxías”.
O estudo de R amosa tamén picos estacionais asociados ao aumento do consumo de datos xeralmente a partir de primavera e de cara ao verán, momentos de maior mobilidade da poboación fóra dos seus domicilios. Como consecuencia deste aumento sensible do uso de datos móbiles “increméntase paralelamente a demanda de tarifas de datos ilimitados nos últimos anos; de feito, na actualidade máis da metade dos/as clientes/as de R dispoñen de GB sen límite nos seus móbiles con 5G fronte ao 11 % que representaba ese grupo de usuarios/as en 2020”, explícase no estudo de R.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?