Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Factoría IA da Cidade das TIC achegará as vantaxes da Intelixencia Artificial á industria da construción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Factoría IA da Cidade das TIC achegará as vantaxes da Intelixencia Artificial á industria da construción

S. P.
Publicado: 12/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC
Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC
O noso sector TIC, o CITEEC da UDC, a Fundación Galicia Constrúe e o Clúster da Construción foron quen de xerar na Cidade das TIC o que sería para o sector o primeiro gran proxecto deste complexo tecnolóxico localizado na antiga Fábrica de Armas da Coruña. Estamos a falar da Factoría IA, centrada na Intelixencia Artificial para a industria da construción. Emprazada no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, xa recibiu o apoio dunha ducia de firmas da dita industria. A finalidade é xerar unha ferramenta de IA que achegue ferramentas de voz, vídeo e datos para o sector da construción. Participan as empresas Cinfo, Enxenio e Possible, e tamén a firma XAC.
Cinfo, dirixida por Antonio Rodríguez del Corral, é a que actúa como coordinadora da Factoría IA, achegando a súa ampla bagaxe no uso da Intelixencia Artificial a nivel de contidos audiovisuais. Possible ocúpase dos módulos de procesamento da linguaxe e Enxenio, pola súa banda, impulsa o que sería o desenvolvemento da plataforma de IA.
O proxecto ten o seu xermolo no impulso do CSA e na formación dos grupos de innovación que lle tirarán proveito. Unha destas frontes de traballo foi a formada por empresas do sector tecnolóxico e empresas da construción, cuxas reunións frutificaron na dita factoría (cun orzamento inicial de 2,2 m€ e apoiándose no datacenter de IA do CSA da Cidade das TIC para establecer un marco de traballo permanente para o desenvolvementos da IA aplicada ao sector da construción).
Ao abeiro desta iniciativa crearase como dixemos unha plataforma de IA que integrará o coñecemento da normativa sectorial e de especificacións técnicas do sector. “Terá a capacidade de conversar sobre a normativa do sector e xerar documentos oficiais e informes así como de diversa documentación interna de obra”, informaron as ditas empresas TIC, engadindo que “no lado do vídeo permitirá calcular o avance diario de determinadas partes da obra así como prestar servizos de vixilancia en temas de seguridade e saúde no traballo”.
Nunha vertente máis de investigación darase forma a algoritmos para a detección temperá de problemas estruturais en obra, para aplicar IA no manexo de obxectos e para o tratamento da voz en contorna de obra, tendo en conta os aspectos de ruído, a xerga e os diversos acentos do sector. Estas tarefas serán efectuadas polo CITEEC da UDC. Os integrantes do proxecto empregarán só modelos fundacionais europeos e máis o modelo do PERTE da Lingua en canto este estea dispoñible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?