Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Lab Barbanza de Boiro acolle dous obradoiros sobre emprendemento no marco do Rede Coworking Fest
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Lab Barbanza de Boiro acolle dous obradoiros sobre emprendemento no marco do Rede Coworking Fest

S. P.
Publicado: 12/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lab_barbanza_boiro_coworking.jpgO espazo de traballo colaborativo (coworking) e innovador Lab Barbanza do Concello de Boiro acollerá os vindeiros 16 e 17 de setembro actividades no marco do Rede Coworking Fest da Rede Provincial de Coworkings da Coruña. En concreto, desenvolveranse no coworking boirense uns obradoiros de estimulación do espírito emprendedor e de xeración e maduración de ideas de negocio.
A primeira das actividades, encamiñada á estimulación do espírito emprendedor, desenvolverase o luns 16 de setembro ás 10.00 horas e vai versar sobo as motivacións e límites para emprender, as claves do éxito dunha persoa emprendedora e os mitos arredor do emprendemento.
O outro dos obradoiros que se vai desenvolver é de xeración e maduración de ideas de negocio para aprender a, unha vez analizado o perfil emprendedor, analizar a viabilidade dunha idea de negocio. Durante a actividade daranse a coñecer fontes de ideas e ensinarase a utilizar o método Canvas para analizar a viabilidade dunha idea.
Esta iniciativa, na que participan todos os espazos coworking da Rede Provincial de Coworkings, ten como obxectivo fomentar o emprendemento local e dar a coñecer a propia rede e os 11 centros que a forman, fomentar as sinerxías e redes de contacto que permitan medrar ás empresas.
Todos os eventos son gratuítos e abertos ao público xeral. As inscricións e a programación completa das actividades programadas en todos os centros están dispoñibles na web da Rede Provincial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?