Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic convoca a segunda edición do seu Premio á Mellor Tese Doutoral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic convoca a segunda edición do seu Premio á Mellor Tese Doutoral

S. P.
Publicado: 12/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premio_a_mellor_tese_doutoral_atlanttic.jpgDende o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, veñen de anunciar a segunda edición do seu Premio á Mellor Tese Doutoral, un recoñecemento que nace coa vontade de recoñecer o labor realizado por aquelas persoas investigadoras cuxa tese doutoral represente un avance significativo no eido das Tecnoloxías de Telecomunicación. Esta distinción quere salientar aquelas achegas que, baseadas na innovación, a creatividade, a orixinalidade e o rigor científico no ámbito das Tecnoloxías das Telecomunicacións, presentan unha alta capacidade de avance no coñecemento producido nestas disciplinas. Alén disto, o dito premio tamén servirá de estímulo complementario para as persoas investigadoras que traballan neste senso.
En canto ao certame, dicir que para presentarse é preciso estar en posesión dun título de doutoramento, de calquera nacionalidade, que defendese a súa tese doutoral no eido das Tecnoloxías de Telecomunicación (comunicacións, servizos dixitais e/ou ciberseguridade) en calquera universidade española e que a tese fose defendida entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2023. Para optar ao premio, o traballo debe ter acadado a máxima cualificación, é dicir, excelente cum laude, así como ter publicado dous artigos JCR Q1/Q2 ou, no seu defecto, dispor dunha patente en explotación, por un resultado da investigación realizada no contexto da tese doutoral no eido das Tecnoloxías de Telecomunicación.
Engadir que o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 deste mes de setembro e as persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña na ligazón (formulario), descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e poñer como asunto: Premio atlanTTic-Tese Doutoral; achegando só o formulario coa solicitude. Informar que a contía máxima do premio é de 2500 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?