Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC ratifica ante Valentín González Formoso a súa inquebrantable aposta pola tecnoloxía inclusiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC ratifica ante Valentín González Formoso a súa inquebrantable aposta pola tecnoloxía inclusiva

S. P.
Publicado: 12/09/2024
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

formoso_visita_citic_3.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de la Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña recibiu este xoves 12 de setembro a visita do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen puido coñecer de primeira man, na compaña do deputado de Avance Dixital, José Ramón Rioboo, proxectos e programas promovidos desde o centro, a través dos que se está a impulsar o uso da tecnoloxía (Intelixencia Artificial, robótica, análise da información a gran escala, etc) dende “un punto de vista igualitario e inclusivo en ámbitos como o terceiro sector”.
Acompañárono na súa estadía no CITIC o reitor da UDC, Ricardo Cao, e o director do CITIC, Manuel González Penedo, cos que visitou as instalacións e laboratorios do centro e interesouse polos proxectos que está a levar a cabo.
Formoso, que acaba de entrar a formar parte do Consello Reitor do CITIC como representante da Deputación, destacou que “o talento, a ciencia é o coñecemento son as bases dunha sociedade de progreso, polo que debe ser unha prioridade apoialo desde as administracións públicas”
formoso_citic.jpgNa súa visita Formoso afirmou que “Galicia está moi lonxe de alcanzar ese 2% do PIB destinado a ciencia e investigación que recomenda a Unión Europea”, e engadiu que “é triste ver como en algúns sectores somos unha das potencias económicas a nivel estatal, pero a nivel de investigación e ciencia os recursos que se dedican a esta área son insuficientes e supoñen apenas un 1,1 % do PIB, cando a media estatal é de 1,42 %. Como mínimo, Galicia debería situarse na media”, afirmou.
Ademais o presidente da Deputación subliñou que “hai unha Lei de Ciencia estatal que hai que despregar, hai que e protexer e estabilizar aos investigadores e investigadoras para evitar a fuga de talento, e hai unha Lei de Ciencia de Galicia que leva en trámite demasiado tempo en trámite e que hai que aprobar, polo que instamos a priorizar esto por enriba de discursos ou programas electorais”, afirmou Formoso.
formoso_deputacion_visita_citic_2.jpgO reitor Ricardo Cao agradeceu a visita do presidente, aproveitando a entrada da Deputación da Coruña no Consello Reitor do CITIC e recoñeceu a “importante e estreita colaboración” que manteñen a institución provincial e a UDC no ámbito das TIC, que se sustentan en proxectos como a Cidade das TIC, Coruña Estudo Inmersivo ou os programa Talentos Inclusivos e GreenPower.
Pola súa banda, o director do centro, Manuel González Penedo, salientou “a relevancia da colaboración coas institucións públicas para o desenvolvemento tecnolóxico e social de Galicia” e engadiu que “no CITIC cremos que a innovación debe ser unha ferramenta ao servizo de toda a sociedade, e é por iso que traballamos para que os nosos avances en IA e Tecnoloxías da Información se traduzan nunha maior inclusión e igualdade de oportunidades para todas as persoas”. Penedo destacou que “proxectos como Talentos Inclusivos son un claro exemplo do noso compromiso por facer da tecnoloxía un medio para a integración” e subliñou que “a colaboración con administracións como a Deputación da Coruña é fundamental para seguir impulsando proxectos que poñen o foco no benestar colectivo”. Segundo fixo saber “a nosa visión común de fomentar a inclusión a través da innovación tecnolóxica permítenos avanzar cara a un futuro máis xusto e equitativo, impulsando novas iniciativas que nos permitan seguir liderando a transformación dixital con impacto social positivo”.
O presidente da Deputación mantivo tamén un encontro con persoal investigador, a través do que puido coñecer as liñas estratéxicas de investigación do centro en ámbitos como o terceiro sector, no que o CITIC é un referente a nivel tanto autonómico como estatal, así como distintas aplicacións da Intelixencia Artificial en áreas coma a saúde ou o medio ambiente e a súa implementación nas políticas públicas. Actualmente, un equipo multidisciplinar de 160 investigadores traballa no CITIC da UDC.
Ademais do encontro, Valentín González Formoso, realizou unha breve visita as instalacións centro TIC da Universidade da Coruña, coñecendo espazos como a Sala Demostrador Tecnolóxico ou a Colección OitoBits, que integrará o futuro museo do CITIC.
Os responsables do centro lembraron que “o Demostrador Tecnolóxico do CITIC é un espazo único en Galicia dedicado á divulgación de proxectos de investigación e innovación en TIC, onde se expoñen prototipos, produtos en desenvolvemento e material didáctico”. A través desta sala, preséntanse proxectos como unha aplicación de Viisión Artificial para diagnóstico ocular, realidades virtuais para a rehabilitación, e un robot educativo, entre outros. Este espazo facilita a formación e interacción con novas tecnoloxías, contribuíndo á difusión do coñecemento ao ámbito social e económico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?