Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CNTG presenta a súa oferta formativa para este curso con 2.540 prazas, un 40% máis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CNTG presenta a súa oferta formativa para este curso con 2.540 prazas, un 40% máis

S. P.
Publicado: 13/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20240912_conselleiro_cntg_santiago_2.jpgFoi este xoves 12 de setembro cando o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) presentaba a súa oferta formativa para este curso 2024-25. No acto estaban presentes o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, que subliñaron o obxectivo destes cursos: dar resposta á alta demanda de talento especializado neste sector estratéxico.
Situado en Compostela e dependente da Xunta, o CNTG desenvolve accións formativas encamiñadas a traballadores e traballadoras do sector TIC galego e desempregados con interese en incorporarse ao mesmo. Cunha oferta de 2.540 prazas, un incremento do 40% respecto do pasado curso, a programación deste curso que vén de comezar foi deseñada tendo en conta a análise e demanda do propio sector consultado a comezos de ano. Deste xeito, incorporará a formación adaptada ás necesidades do mercado, en áreas como a Intelixencia Artificial (IA), a ciberseguridade ou os servizos na nube, e con horarios adaptados aos traballadores para facilitar a súa participación.
Segundo José González, cómpre pór en valor as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), polo seu “carácter transversal”, pois “actúan como un motor fundamental de desenvolvemento económico, impulsando a produtividade e a innovación”. Atendendo a isto, sinalou que a nova programación formativa do CNTG “contribuirá a fortalecelo e facelo aínda máis competitivo a través da formación dun colectivo profesional dinámico e tecnicamente preparado, que saiba dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos campos do tecido produtivo da nosa Comunidade, relacionados coas novas tecnoloxías e a sociedade da información”.
20240912_conselleiro_cntg_santiago_1.jpg Asemade, o titular de Emprego compartiu tamén que Galicia está apostando de xeito pioneiro polas microformacións como unha ferramenta estratéxica para fomentar máis e mellor emprego de calidade, garantir que as persoas teñan os coñecementos, capacidades e competencias que precisan para acceder a novas oportunidades ou recapacitarse para avanzar na súa vida profesional. Este compromiso compleméntase tamén coa modernización que se está realizando no Servizo Público de Emprego e que -a través dunha ferramenta tecnolóxica como o software EMi- permitirá realizar o perfilado competencial de 70.000 persoas para mellorar a súa empregabilidade e axudar ás empresas a localizar os perfís que precisan.
A programación do CNTG enmárcase na oferta formativa que -cun orzamento de máis de 7 millóns de euros- se impartirá este curso no total de 14 centros dependentes da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración das catro provincias galegas.
As accións formativas, correspondentes aos graos B e C -certificados de competencia e profesionais respectivamente-, están destinadas prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas. Tamén poderán participar persoas traballadoras ocupadas, inscritas en mellora de emprego, ata un límite do 30% do total de participantes de cada lote, sempre e cando as prazas non se cubran co alumnado en situación de desemprego. Os cursos -que contarán cun máximo de 15 alumnos e alumnas- agrúpanse en 16 familias profesionais, entre elas, administración e xestión, especialidades agrarias, comercio e mercadotecnia, fabricación mecánica, seguridade e medio ambiente ou transporte e mantemento de vehículos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?