Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A WordCamp Pontevedra reunirá preto de 300 emprendedores e profesionais do desenvolvemento web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A WordCamp Pontevedra reunirá preto de 300 emprendedores e profesionais do desenvolvemento web

S. P.
Publicado: 17/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_powordcamp2-2.jpgEntre o venres 20 e o domingo 22, a Facultade de Comunicación (UVigo) será novamente sede da WordCamp Pontevedra, un congreso centrado no xestor de software libre máis empregado para a creación de páxinas web, WordPress, e no que a organización prevé reunir preto de 300 persoas, entre profesionais do deseño e o desenvolvemento web, persoas emprendedoras, alumnado universitario e persoas interesadas en iniciarse no deseño web. O evento será coordinado pola comunidade WordPress Pontevedra, que a UVigo acolle desde os seus inicios, ao abeiro dun convenio coa WordPress Foundation.
No seu programa insírense máis dunha vintena de conferencias e obradoiros, que nesta edición porán o foco no emprendemento, así como un hackatón no que as e os participantes deseñarán conxuntamente as webs de tres organizacións sen ánimo de lucro.
A vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, a decana da Facultade de Comunicación, Emma Torres, e a presidenta da comunidade WordPress Pontevedra, Sabela Muñiz, presentaron este luns 16 de setembro a programación dun evento que mantén aberta a súa inscrición. Esta, como lembrou Lantarón, conta cun prezo reducido de 10 euros para o alumnado e de 25 ou 20, segundo a modalidade, para o público xeral.
“Este congreso encaixa perfectamente co plan estratéxico da Universidade”, sinalou a vicerreitora, que incidiu tanto na aposta do evento pola sustentabilidade e pola solidariedade, a través do hackatón, como na importancia que outorga nesta edición ao emprendemento.
Segundo fixeron saber, unha das novidades desta edición da WordCamp é que esta terá como eixe central o emprendemento, “porque pensamos que WordPress é unha ferramenta fundamental para calquera proxecto que queira ter unha presenza dixital e chegar a un público máis amplo”, sinalou Sabela Muñiz, salientando outra das novidades da axenda desta convocatoria: a aposta por formatos “máis participativos”, de tal xeito que ás conferencias sumaranse tamén “consultorías e auditorías”, na que as e os asistentes poidan abordar con especialistas aspectos concretos dos seus proxectos.
Esta serie de actividades desenvolveranse ao longo do sábado 21, xornada na que está prevista unha vintena de coloquios e obradoiros centrados en cuestións como comercio electrónico, optimización en motores de busca, marca e posicionamento, difusión de podcasts ou lanzamento de novas firmas innovadoras no ecosistema WordPress.
Previamente, o venres 20 terá lugar o hackatón, que se verá precedido por un taller de iniciación a WordPress, impartido por Fernando Tellado, “un dos maiores referentes de WordPress de fala hispana”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?