Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A 4ª liga Maker Drone abre o prazo de inscrición para os centros educativos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A 4ª liga Maker Drone abre o prazo de inscrición para os centros educativos galegos

S. P.
Publicado: 17/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

liga_maker_drone_itg_barrie_20240516-fb-671-1024x682.jpgA cuarta liga Maker Drone, organizada pola Fundación Barrié e o Centro Tecnolóxico ITG, xa ten aberto o prazo de inscrición para o estudantado galego de 2º da ESO ao que vai encamiñado.
O obxectivo desta liga é promover o interese pola tecnoloxía entre o alumnado, sendo unha competición pioneira a nivel autonómico en España que expón o reto de construír un sistema dron enfocado á solución dun problema social particular.
A liga Maker Drone nace coa vontade de: estimular o interese, creatividade e autonomía do alumnado, sendo os e as únicas responsables das aplicacións tecnolóxicas; concienciar ao alumnado da relevancia da tecnoloxía, achegando a súa utilización nas aulas para o seu uso na vida cotiá e contribuír na orientación profesional do alumnado, a través da presentación práctica de diferentes disciplinas e as súas aplicacións.
Dicir que esta cuarta edición contará coa participación de 18 equipos integrados por 5-7 estudantes baixo a coordinación do seu profesor/-a ou titor/-a de Tecnoloxía. Unha competición que implica unha adicación mínima de 30 horas, distribuídas entre actividade formativa e traballo autónomo do equipo. A participación é de balde e será a organización a que achegará dous kits dron a cada equipo e os recursos precisos para o desenvolvemento da solución ao reto. A formación tecnolóxica ocupa un papel fundamental na liga Maker Drone xa que máis do 50% do programa destínase a formación, tanto a docentes como escolares, e estrutúrase nas seguintes sesións: unha formación teórico-práctica de introdución aos drons, con obradoiros de mecánica e sensores; fabricación de compoñentes por impresión 3D; e pilotaxe de drons aéreos e terrestres. Tres sesións formativas presenciais sobre electrónica, programación, soldadura, conectores; manipulación de ferramentas e materiais; e funcionamento de mecanismos. Unha formación específica presencial de tecnoloxía e robótica, así como de adestramento en voo, co fin de adestrar aos equipos a manexar os seus sistemas dron.
Dicir que o 9 de maio terá lugar a Xornada de Exhibición no Coliseum da Coruña, onde se presentarán as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo. Durante as 3 primeiras edicións da liga, esta xornada se ha #ir consolidando como un evento educativo de referencia, reunindo a máis de 3000 asistentes no recinto coruñés.
itg_barrie_liga_maker_drone_20240516-fb-579-1024x681.jpgEn canto aos premios, o equipo gañador da liga obterá un trofeo e cada un dos seus integrantes recibirá unha medalla e un agasallo relacionado coa Tecnoloxía. Asemade, os gañadores das seguintes categorías recibirán unha medalla e un agasallo tecnolóxico: Mellor deseño/Solución máis disruptiva/Destreza en voo/Mellor presentación
Por último, as demostracións das solucións deseñadas por cada equipo son avaliadas por un xurado especializado formado por representantes de empresas e institucións de renome, coordinados por: Analía López Fidalgo, directora da División de sistemas aéreos non tripulados de ITG.
Os centros interesados en participar deben presentar a súa solicitude de preinscrición a través dun dos seus docentes, quen actuará de coordinador do equipo e interlocutor coa Organización. A preinscrición realízase enchendo o formulario de solicitude, dispoñible na páxina web da liga Maker Drone ata o 30 de setembro de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?