Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aplica robótica e IA en máis de 30 pilotos activos dirixidos a mellorar os procesos administrativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aplica robótica e IA en máis de 30 pilotos activos dirixidos a mellorar os procesos administrativos

S. P.
Publicado: 18/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pilotos_amtega_.jpgA Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, está a aplicar tecnoloxías de robotización e Intelixencia Artificial aos seus procedementos administrativos para incrementar a eficiencia na xestión, liberando aos empregados públicos de realizar tarefas repetitivas como a revisión de grandes volumes de datos e procesos recorrentes, de xeito que se poidan dedicar a tarefas de maior valor engadido.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia informou de que en total son 31 os procesos automatizados, 22 deles en marcha e outros 9 que se irán desenvolvendo ata finais de ano. “Entre febreiro e agosto deste ano, a automatización en marcha liberou os empregados públicos dunhas 12.000 horas de tarefas recorrentes, que puideron dedicar a tarefas de maior valor para os cidadáns e para a propia administración”, sinalaron fontes da axencia, engadindo que o obxectivo é estender o uso destas tecnoloxías de forma progresiva a todos os procedementos que o requiran e incorporalas aos de nova creación para avanzar cara a unha tramitación integramente dixital. Con esta finalidade, a Xunta puxo en marcha en 2022 a plataforma de automatización intelixente e desenvolveu un plan para avanzar no seu uso.
O plan establece unha metodoloxía cos diferentes departamentos da Xunta para identificar que procesos son susceptibles de seren automatizados, como abordar o proceso e o seu seguimento, ademais do acompañamento e formación aos empregados públicos implicados.
A axencia autonómica explica que algúns dos procedementos nos que se está aplicar a automatización intelixente son o rexistro das autopsias no INE, un trámite que realizan mensualmente os forenses do IMELGA e que lles evita ter que mecanizar manualmente os datos dunhas 2.100 persoas cada ano; ou a xestión das altas e baixas das aplicacións corporativas que se realizan con cada traslado de unidade, unhas 10.000 ao ano.
Ata o de agora a comprobación de determinados datos vinculados a estes trámites viñan sendo realizadas por unha ou varias persoas, pero gora é un software específico o que leva a cabo esta tarefa repetitiva, de maneira automática e coa máxima precisión. Son, na maioría dos casos, procesos internos da Administración nos que a automatización “permite axilizar os procedementos e mellorar tanto os tempos como a calidade do servizo á cidadanía e o desempeño dos empregados públicos”, explican dende AMTEGA.
A posta en marcha da Plataforma de automatización intelixente, financiada con fondos achegados polo Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia (MRR), enmárcase nas medidas do III Plan de Administración e Goberno Dixital 2025, para impulsar a eficacia na Administración, facilitar o traballo dos empregados públicos e ofrecer un mellor servizo á cidadanía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?