Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC da UDC e Navantia avanzan na transformación do naval cun obradoiro sobre adestramento inmersivo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC da UDC e Navantia avanzan na transformación do naval cun obradoiro sobre adestramento inmersivo

S. P.
Publicado: 18/09/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cit03258-2.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) acolleu este mércores un obradoiro do paquete de traballo 15 do proxecto European Digital Naval Foundation (EDINAF), que ten como obxectivo avanzar no desenvolvemento de tecnoloxías dixitais de vangarda para a industria naval europea.
A xornada reuniu a expertos e investigadores do ámbito naval, tanto do CITIC como de Navantia, entre eles, o vicerreitor de Investigación e Transferencia da UDC, Jerónimo Puertas, así como responsables das empresas Indra e Rheinmetall.
O investigador do CITIC, Salvador Naya, foi o encargado de organizar este taller sobre o paquete 15 de EDINAF, que contou coa participación do equipo da UDC coordinado por Luís Antonio Hernández Ibáñez, do Departamento de Enxeñaría Civil da Universidade. Trátase, sinalaron, dunha iniciativa punteira orientada á creación dunha arquitectura dixital innovadora para os buques do futuro. O proxecto está aliñado coa transformación dixital da industria naval, abordando áreas como a formación inmersiva de tripulacións e a integración de axentes intelixentes para mellorar as capacidades operativas a bordo.
O obradoiro centrouse nas actividades do paquete de traballo 15, que inclúe dúas áreas fundamentais:
-Servizo de Adestramento Dixital da Tripulación: co uso de tecnoloxías inmersivas como a Realidade Virtual, simularanse escenarios reais para o adestramento das tripulacións, reducindo os riscos e custos asociados aos exercicios en vivo.
-Estandarización de Axentes Intelixentes: este compoñente enfócase en mellorar a experiencia operativa mediante a implementación de sistemas intelixentes de apoio en tempo real, abarcando áreas críticas como o Sistema de Auga Arrefriada (CWS) e os sistemas de radar e Guerra Electrónica (EW).
O obxectivo principal do taller foi o de coordinar os esforzos dos socios do proxecto en relación coas distintas tarefas do Paquete de Traballo 15, tales como a definición do servizo de adestramento dixital; a estandarización dos axentes intelixentes e o desenvolvemento de aplicacións de axentes intelixentes para o CWS e os sistemas de radar/EW.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?