Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A AMTIC de Milladoiro oferta novos cursos para o último trimestre do ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A AMTIC de Milladoiro oferta novos cursos para o último trimestre do ano

S. P.
Publicado: 19/09/2024
9 Min de Lectura
Compartir
9 Min de Lectura

ames_cursos_amtic4.jpgA Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ademais, impartiranse 4 cursos máis de xeito presencial. Xa está aberto o prazo de inscrición para estas actividades.
O alcalde de Ames e concelleiro de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Blas García, e maila técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, Almudena Caamaño, presentaron na Casa da Cultura do Milladoiro a programación da AMTIC para o último trimestre do ano. Durante a presentación estiveron acompañados por Ramón Martínez e Estefanía Muíño, da empresa Estudios Rafer.
A técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, Almudena Caamaño, sinalou que “intentamos facer actividades tanto para adultos como menores, con distintas temáticas para atraer a distintos sectores da poboación”. Ademais, destacou unha das novidades máis relevantes deste último trimestre: “Unha das novidades deste ano son os cursos de preparación para a obtención do COMDIX (Certificación Galega de Competencias Dixitais), no que se traballará esta proba e os participantes verán en que pode consistir”.
Estefanía Muíño, persoal de Estudios Rafer, destacou as vantaxes da oferta formativa da aula. “A formación para os máis pequenos é unha ferramenta de conciliación moi importante para as familias ao longo de todo o ano. Ademais, tanto os cursos para nenos como adultos serven para dar a coñecer entre a poboación os servizos e as instalacións da aula AMTIC”. Pola súa banda, o CEO (director executivo) de Estudios Rafer, Ramón Martínez, animou á veciñanza a inscribirse nos cursos pois “de pouco serve poñer os medios, como son a formación e a aula, se falta o máis importante que é o alumnado”.
Pechou a presentación o alcalde de Ames e concelleiro de Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Blas García, que sinalou que “este ano será unha única empresa, neste caso Rafer, a que coordine tantos as aulas CeMIT e AMTIC como os cursos que facemos no rural, o que nos vai permitir coordinar moito mellor toda a programación”.
Servizo de formación dixital CeMIT, AMTIC e cursos de alfabetización dixital
O Concello de Ames vén de adxudicar recentemente o servizo de formación dixital CeMIT, AMTIC e cursos de alfabetización dixital á empresa Estudios Rafer SL. O importe de adxudicación ascende a 85.391,57 euros por un período de dous anos.
O obxecto do contrato é a execución dos traballos de xestión e impartición da programación de accións formativas que se determinen nas aulas de formación dixital CeMIT (situada na Casa de Cultura de Bertamiráns), AMTIC (situada na Casa de Cultura do Milladoiro) e nas Aulas de Alfabetización e Capacitación Dixital do Rural do concello de Ames. A duración do contrato é de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de caro anos, incluído período inicial e prorrogas.
Curso de alfabetización dixital no rural
cartel_amtic.jpg Dende o 21 de outubro de 2024 ata o 21 de febreiro de 2025 vanse impartir novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural. Esta actividades celebraranse nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Ofértanse un máximo de 108 prazas, 12 por curso que se imparte en cada local social.
O temario destes cursos abrangue a navegación por Internet (busca en liña e navegación segura), o uso do correo electrónico (creación de contas e envío de correos) a introdución a Windows, a utilización de Office en liña, o uso de imaxes, a impresión de documentos, a introdución á folla de cálculo (formato de celas e gráficos básicos) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxería, uso da cámara, agregar e eliminar contactos…).
As actividades van celebrarse nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. Os luns, o curso terá lugar en Agrón (de 16:15 a 18:15 horas) e en Trasmonte (de 19:00 a 21:00 horas). Os martes, será a quenda de Covas (tamén en horario de 16:15 a 18:15 horas) e de Biduído (de 19:00 a 21:00 horas). En Augapesada e Biduído a formación desenvolverase os mércores (de 16:00 a 18:00 e de 18:30 a 20:00 horas), respectivamente. O xoves as clases serán en Tapia (de 16:15 a 18:15 horas) e na Ameixenda (de 19:00 a 21:00 horas). Para rematar, os venres desenvolverase no centro social de Ortoño (de 17:00 a 19:00 horas).
A formación é de balde, e inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas horas, un día á semana. As inscricións deben facerse chamando ao número de teléfono 674 594 843, en horario de atención de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.
Ademais destes cursos, a Aula AMTIC ofrecerá diversas conferencias para sectores específicos da poboación, así como obradoiros relacionados coa seguridade na rede e coas tecnoloxías da comunicación.
Programación da AMTIC
Do 9 de outubro ao 21 de novembro impartirase un curso de iniciación á informática para adultos que está dirixido a persoas maiores de 18 anos. Impartirase os mércores e xoves de 10:00 a 12:00. Tamén en outubro se ofrecen dous cursos para menores de 18 anos: un curso de informática para nenos/as (do 10 de outubro ao 12 de decembro), destinado a rapaces e rapazas de entre 7 e 10 anos; e un de mecanografía para menores de 10 anos (do 11 de outubro ao 13 de decembro). Estes cursos realizaranse en quenda de tarde, os xoves e venres de 17:15 a 18:45 horas.
No mes de novembro haberá un novo cursos para adultos. Do 27 de novembro ao 5 de decembro impartirase o obradoiro de administración electrónica. Será os mércores e xoves de 10:00 a 12:00 horas. Ofértanse 12 prazas.
Para o mes de decembro hai programado un último curso sobre compras seguras en Internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir do 11 ao 18 de decembro, de 10:00 a 12:00 horas.
Amais, co inicio do novo curso, a AMTEGA vén de convocar novas prazas para a obtención da nova Certificación Galega de Competencias Dixitais (COMDIX). Deste xeito, abríronse as convocatorias de dúas edicións do nivel de iniciación:
Outubro: inscricións abertas ata o 18 de setembro.
Novembro: inscricións abertas ata o 18 de outubro.
Para complementalo e facer máis accesible a formación, a Aula AMTIC vai realizar un curso presencial previo a cada convocatoria: un do 9 ao 16 de outubro, e outro do 6 ao 13 de novembro. Ambos cursos serán os mércores, de 17:15 a 18:45 horas.
Inscricións
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas (agás nas horas de formacións), enviando a ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@gmail.com, ou chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?