Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta presenta na Pont-Up Store un xogo de emprendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta presenta na Pont-Up Store un xogo de emprendemento

S. P.
Publicado: 20/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta_20240920_pontup_store_4.jpgEste venres 20 de setembro inaugurouse en Pontevedra a nova edición (a 11ª) do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2024, organizado pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store (Campus de Pontevedra, UVigo). A cita, apoiada polo Concello, a Deputación e a Xunta, entre outras entidades, contou coa presenza do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, que entregou os galardóns da 1ª convocatoria de premios a traballos de fin de grao e de fin de mestrado e a teses de doutoramento en temáticas relacionadas co emprendemento (Xunta-UVigo) e presentou o Xogo do emprendemento dirixido a alumnado de ESO, co gallo de animar ás novas xeracións a crear os seus propios negocios.
Esta última iniciativa enmárcase no posto do evento que dará a coñecer -entre outros- o labor da rede de polos de emprendemento e que contará con actividades organizadas pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración coas de Economía e Industria e de Política Social e Igualdade.
En concreto, no posto da Xunta resolveranse -entre outras- dúbidas sobre os polos de emprendemento, ademais da dinamización, xogos e presenza de persoas emprendedoras beneficiarias da rede, para expor e presentar os seus produtos ou servizos. Canto ás actividades do Goberno autonómico, ademais do xogo do emprendemento mencionado, haberá unha xornada de networking e unha mesa redonda sobre axudas do ecosistema emprendedor, entre elas as axudas de emprendemento feminino do Programa EMEGA da Consellería de Política Social e Igualdade, que ten activo o prazo de solicitude ata o próximo 27 de setembro.
No acto, o secretario xeral referiuse ao Pont-Up Store como un referente para proxectos emprendedores, tanto do ámbito urbano como do rural. A cita, destacou Fernández, contribúe a promover a cultura do emprendemento e favorece un espazo de relación e intercambio de experiencias.
Programa Ultreia
Precisamente no marco da aposta pola creación de novos negocios e o desenvolvemento de proxectos innovadores, Pablo Fernández lembrou que o próximo 25 de setembro chegará a Pontevedra o programa Ultreia Galicia Rexión Emprendedora, retos e solucións para un territorio intelixente, financiado pola Unión Europea, a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Desenvolvido pola Xunta en colaboración coas confederacións empresariais provinciais e galega, o programa Ultreia promoverá encontros de emprendemento nas catro provincias coa participación de 240 axentes do ecosistema emprendedor, máis de 160 startups, 40 empresas tractoras de distintos sectores estratéxicos e 16 casos de éxito. Sinalou que o proxecto “busca incentivar aos emprendedores e axentes do ecosistema a impulsar a súa actividade creando sinerxías e identificando retos para atopar solucións conxuntas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?