Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conclúe con 5 proxectos revolucionarios o Laboratorio de Innovación Cidadá, LABIC, na UDC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conclúe con 5 proxectos revolucionarios o Laboratorio de Innovación Cidadá, LABIC, na UDC

S. P.
Publicado: 20/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

udc_20240920-labic-1.jpgA Universidade da Coruña (UDC) acolleu desde o pasado venres 13 ata este 20 de setembro a celebración do o LABIC_ES, Laboratorio Iberoamericano de Innovación Cidadá co-producido xunto a División de Innovación Pública e Cidadá (DIPyC) da Secretaría Xeral Iberoamericana (SEGIB) e co apoio da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). O laboratorio, que dá resposta con proxectos concretos aos retos da OMS para mellorar a calidade das persoas maiores, saldouse con cinco grandes iniciativas revolucionarias.
Con este tipo de actuacións, destacou o reitor Ricardo Cao, “é posible impulsar novos produtos e/ou ferramentas, que permitan un envellecemento activo e saudable”. Unha intervención que aproveitou para agradecer á SEGIB ter contado coa UDC para este laboratorio de innovación, que “tan bos resultados” ten dado nestes días de traballo.
Pola súa banda, a secretaria para a Cooperación Iberoamericana, Lorena Larios, salientou que “os Laboratorios de Innovación Cidadá (LABIC) son valiosísimos puntos de colaboración nos que as ideas da cidadanía se materializan en solución transformadoras a problemas específicos, facendo o mellor uso da tecnoloxía.
Durante estes días, os equipos (de 5 persoas cada un) procedentes de 9 países iberoamericanos (Arxentina, Colombia, Costa Rica, España, Guatemala, México, Perú, República Dominicana e Uruguai), traballaron no desenvolvemento de propostas innovadoras sobre a saúde e o benestar das persoas maiores, tendo en conta diferentes dificultades que teñen que afrontar na súa vida cotiá.
Así, un grupo impulsou a iniciativa Pulsus, unha plataforma de análise de datos que monitoriza os hábitos de vida das persoas maiores nas súas casas, xerando alertas ante posibles emerxencias e previndo riscos. Neste caso, o traballo de campo guindou unha conclusión importante: esta plataforma debe estar máis dirixida ás persoas coidadoras ou familiares que aos propios maiores, dado que permitiría detectar casos de emerxencia e mandar alertas cando sexa necesario.
No caso de Sono de Ardora, o obxectivo foi a creación dunha cama sensorial para o benestar, que permite, a través de sensores, detectar movementos e tamén aqueles estímulos que melloren a súa calidade de vida, tales como a música ou a iluminación.
O proxecto Avia centra os seus esforzos na creación de modelos preditivos baseados en IA para mellorar as políticas de saúde das persoas maiores en Reconquista, Santa Fe (Arxentina). O obxectivo deste desenvolvemento tecnolóxico é poder prever con suficiente antelación a perda de autonomía dunha persoa. Con isto sería posible reducir custos de atención médica, optimizar recursos e mellorar a calidade de vida.
Para o grupo impulsor de Diligenter, a clave destes días foi poder perfeccionar o seu prototipo de órtese vinculada a unha plataforma que monitoriza a zona lesionada as 24 horas do día, avaliando o progreso e notificando posturas incorrectas. Tras diferentes probas estes días, detectouse que unha das melloras necesarias é conseguir que sexa máis cómoda e funcional para que poida usarse baixo a roupa e sentirse cómoda.
Por último, o grupo do proxecto AMAR (Adultos Maiores Activos e Recoñecidos) propuxo unha plataforma dixital innovadora, que ten como obxectivo conectar ás persoas interesadas en promocionar os seus servizos dun xeito doado e eficiente entre a súa comunidade máis próxima. Durante o tempo de laboratorio, viron as diferenzas de interese nos territorios. Así, por exemplo, mentres unha parte dos consultados querían empregar o seu tempo en voluntariado e ofrecer a súa experiencia á comunidade, noutras zonas o obxectivo era ter unha fonte de ingresos extra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?