Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 54.300 persoas maiores da nosa terra incorporáronse á Rede entre 2021 e 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 54.300 persoas maiores da nosa terra incorporáronse á Rede entre 2021 e 2023

S. P.
Publicado: 23/09/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

maiores_internet_dispositivos_200919_telefono_07a.jpgPreto do 70 % dos galegos e galegas de máis de 65 anos empregan Internet, o que supón un incremento dun 10 % no último ano. Son datos do estudo Séniors dixitais. Edición 2023 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). No informe ponse o foco no crecemento sostido do uso da Rede entre as/os maiores, o que se traduce na incorporación á Rede de máis de 54.300 persoas sénior entre 2021 e 2023. Este dato ten aínda máis relevancia se temos en conta que se trata dun colectivo que representan máis da cuarta parte da poboación na nosa terra.
O documento salienta tamén un crecemento de case un 12 % no uso de Internet entre os galegos e galegas de máis de 74 anos aínda que a porcentaxe de internautas desta idade é do 22,5 %.
Uso de Internet
O uso do comercio electrónico creceu máis dun 40 % en dous anos entre as persoas maiores de 74 anos, das que máis do 16 % mercan online. No informe faise saber tamén que no caso das persoas de 65 a 74 anos o uso do comercio electrónico sitúase preto do 20 % e que “máis do 43 % dos maiores de 65 anos utilizou Internet para realizar xestións coas administracións públicas”. Na maioría dos casos para buscar información e enviar formularios cumprimentados. Por outra banda, no 2023 afianzouse entre os maiores de 64 anos o uso da banca electrónica, a xestión das citas médicas a través dunha páxina web ou app móbil, ou a busca de información sobre temas de saúde.
Así, máis do 55 % dos internautas maiores de 65 anos usan a banca electrónica; un 41,1 % no caso das persoas de máis de 74 anos, explícase no estudo, onde tamén se fai saber que preto do 50 % dos internautas de 65 aos 74 solicita citas médicas por Internet; unha porcentaxe que queda no 36,1 % no caso dos maiores de 74.
Respecto á fenda dixital de xénero, o acceso a Internet é case idéntico entre homes e mulleres de 65 a 74 anos pero a partir dos 74, os homes superan ás mulleres en máis de 6 puntos (26,1 % e 20 %).
Dispositivos electrónicos
No documento explícase a maiores que o maior uso de Internet vai parello ao incremento de dispositivos electrónicos entre as persoas de máis de 65 anos. O estudo sinala que o 70,3 % dos galegos de 65 a 74 anos xa usan o smartphone e fano tamén preto dun 30 % dos maiores de 74. Canto aos computadores, son empregados por un terzo dos galegos e galegas dos 65 aos 74 anos e por máis do 8 % das persoas maiores de 74.
No uso de todos estes dispositivos, “os homes de máis de 74 anos superan claramente o nivel de dixitalización das mulleres”, sinálase no documento, no que se engade que “entre os 65 e os 74 anos son as mulleres as que utilizan máis os dispositivos móbiles e smartphones que os homes”.
Conexión a Internet
0 63,1 % dos fogares con persoas maiores de 74 anos teñen acceso a Internet, o que supón un incremento do 2,6 % respecto ao ano anterior. Máis do 71 % destes fogares con conexión a Internet, contan cunha velocidade igual o superior aos 30 Mbps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?