Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pont-Up Store premiou media ducia de proxectos empresariais revolucionarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pont-Up Store premiou media ducia de proxectos empresariais revolucionarios

S. P.
Publicado: 23/09/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carne_vegana_pont_up_store.jpgO pasado sábado ao mediodía entregáronse en Pontevedra os premios ás mellores iniciativas empresariais desta 11ª edición do Encontro de Emprendemento Pont-Up Store. Como cada ano, o comité organizador foi o encargado de valorar e seleccionar as mellores iniciativas empresariais nas diferentes modalidades. Foron recoñecidas La Vanetta (mellor proxecto de emprendemento coa súa proposta de alimentación vegana), Buscalume, Reclamo Estudio, a axencia Moira, a Asociación Clean Energy Ship e, na sección de TIC e novas tecnoloxías, a firma Krealt. Tamén recibiron premio Sembra Biojoyas, Terras de Boborás e a plataforma web Cuotalis.
Ao acto asistiron Anabel Gulías, concelleira de Promoción económica do Concello de Pontevedra; José Luis Ramírez Matos, director de zona Pontevedra Metropolitana de Abanca; Marta Mariño, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia; e Pedro Figueroa, director do Pont-Up Store xunto a unha representación do comité organizador.

La Vanetta e outras firmas revolucionarias distinguidas

La Vanetta conseguiu facerse co premio ao mellor emprendemento nesta edición coa súa proposta de alimentación vegana. O xurado salientou que esta nova firma innovadora do sector foodtech nacida en 2023 está revolucionando o sector ofrecendo alternativas vexetais e sostibles para substituír a carne. Os produtos que ofrecen, como a zorza vegana ou os diferentes tipos de cachopo poñen en común termos tan opostos como a tradición e a innovación, inspirándose no sabor da nosa cultura para facer posible unha alimentación para todos con proteínas vexetais. La Vanetta anunciou que está a punto de entrar co seu catálogo de produtos en grandes superficies de Galicia.
Dentro dos premios concedidos aos proxectos de cada modalidade, foi recoñecida a editorial galega de xogos de mesa Buscalume no apartado de Turismo, ocio e benestar. Esta cooperativa baseada en Ourense ten un catálogo dirixido a público familiar que se distribúe en toda España e México, e é responsable da creación e comercialización do primeiro xogo do emprendemento en galego lanzado pola Xunta de Galicia nesta edición do encontro.
O espazo de arte Reclamo Estudio foi recoñecido como proxecto destacado no ámbito da Formación, educación, arte e cultura, pola súa proposta enfocada á realización de eventos culturais e á transformación social, a participación de artistas locais, estudantes de Belas Artes e novos talentos desde o seu espazo en Padrón.
Na área da Comunicación, deseño gráfico e eventos a organización premiou o proxecto da axencia creativa de mercadotecnia Moira, cunha proposta consciente enfocada a proxectos do rural.
A Asociación Clean Energy Ship da Universidade de Vigo destacou no ámbito das Enxeñarías cun equipo de 20 estudantes que lideran o primeiro proxecto español dunha embarcación solar con hidrofoils, o Boeiro I.
Na modalidade das Tecnoloxías da Información e a Comunicación e, o xurado decantouse pola solución de dixitalización presentada polo equipo de Krealt para desenvolver catálogos de produtos empregando tecnoloxías AR/3D para achegar unha experiencia de usuario pioneira e disruptiva.
En Deseño de moda, complementos e decoración recibiu o premio a marca Sembra Biojoyas, cun proxecto ecolóxico que colabora con etnias indíxenas do Amazonas na creación de complementos orgánicos, sostibles e biodegradables.
Por último, en Alimentación e restauración fíxose co premio Terras de Boborás, unha iniciativa rural que pon en valor a apicultura e o concello de Boborás a través dunha liña de alimentación, Dolce Bágoa e de Maruxiña, a Primeira Marca de Cosmética feita con mel de Galicia.
cuotalis_pont_up_store.jpg Pola súa banda, o software Cuotalis, creado para simplificar e automatizar o proceso de reclamación de impagos de cotas nas comunidades de propietarios, resultou vencedor do Pont-Up Venture. O avogado Abraham Tenoira lidera este novo emprendemento xerado ao abeiro da aceleradora de startups de Zona Franca, Vía Galicia, onde desenvolveu unha plataforma web que automatiza todo o proceso da reclamación da débeda, desde a creación do expediente por parte da persoa responsable da administración da comunidade de veciños, ata o último escrito que ten que presentar un avogado. Aplicando esta informatización intelixente Cuotalis consegue eliminar o 90% do traballo que supoñen estes procedementos xurídicos entre comunidade, administradores, xulgados e avogados. O xurado da Pont-Up Venture decidiu recoñecer a Cuotalis polo “seu baixo risco de investimento e a alta escalabilidade do seu modelo de negocio”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?