Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tecnópole formará o profesorado galego para que a rapazada aprenda a investigar na escola
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tecnópole formará o profesorado galego para que a rapazada aprenda a investigar na escola

S. P.
Publicado: 23/09/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galiciencia1-11.jpgCon motivo do 20 aniversario de Galiciencia, a meirande feira científica galega, a Tecnópole vai promover un curso gratuíto para docentes de Secundaria, Bacharelato e FP de toda a comunidade, centrado na investigación no ámbito educativo. Con esta iniciativa búscase “mellorar as habilidades do profesorado para estimular e guiar ao alumnado no desenvolvemento de proxectos de ciencia e tecnoloxía”. Lembrar que a vindeira edición de Galiciencia celebrarase os días 14, 15 e 16 de maio, baixo o epígrafe temático Neurociencia e saúde mental.
Durante o curso, abordarase como xerar e enfocar un tema de investigación. Explicarase como orientar á rapazada neste proceso, desde a planificación e realización da investigación ata a análise dos resultados e a comunicación dos mesmos. Incidirase en aspectos clave como saber identificar recursos fiables, aportaranse consellos para evitar o plaxio, ao tempo que serán “aportadas ferramentas tecnolóxicas de grande utilidade”, explicou a Tecnópole, engadindo que tamén será amosado como se debe presentar un traballo de investigación científica, tanto escrito como oral. Por último, exploraranse feiras galegas e nacionais como Galiciencia, ás que o alumnado pode presentar as súas propostas.
Esta actividade formativa constará de varias sesións online, que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses, de outubro a decembro, e outra presencial que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia en xaneiro de 2025.
Como máximo poden participar dous docentes por centro educativo, que deberán estar en activo impartindo a etapa de Ensino Secundario, Bacharelato ou FP. Buscarase a equidade entre as catro provincias galegas e tamén na participación de xénero. Terá prioridade o profesorado que imparta materias de ciencia ou tecnoloxía e o de centros públicos de Galicia. Hai un total de 30 prazas dispoñibles.
galiciencia2-10.jpgA inscrición deberá realizarse entre o 23 e o 27 de setembro, a través da web de Galiciencia. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional aprobou o recoñecemento de horas de formación docente para os participantes no curso.
O curso impartirano dous prestixiosos divulgadores: Patricia Barciela e José Viñas. Patricia Barciela é directora técnica da Domus – Museos Científicos Coruñeses desde 1998. Profesional da comunicación científica, ten participado en numerosos proxectos nacionais e internacionais neste eido e posúe unha dilatada experiencia como formadora de profesorado para introducir a ciencia na aula.
Pola súa parte, Jose Viñas é asesor no Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDIX). Ten gañado diversos premios educativos como Innovagal, Educa Abanca ou Europeana, entre outros; e o seu labor foi recoñecido en feiras como Ciencia en Acción, Diverciencia ou Exporecerca. Foi asesor pedagóxico do portal European Schoolnet e mentor en diferentes proxectos internacionais. Na actualidade é embaixador de Scientix -a comunidade para o ensino das ciencias en Europa- e membro da xunta consultiva do proxecto europeo EduWorld.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?